Associated Press

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sede de Associated Press en 2008, en 450 West 33rd Street, Nova York

Associated Press (AP) é unha axencia de noticias estadounidense sen ánimo de lucro con sede en Nova York. Fundada en 1846,[1] opera como unha asociación cooperativa e non incorporada. Os seus membros son xornais e emisores estadounidenses. As noticias de AP que distribúe aos seus membros e clientes prodúcense en inglés, castelán e árabe. AP obtivo 54 premios Pulitzer, incluídos 32 por fotografías, dende que se creou o premio en 1917.

AP rastrexa o número de votos nas eleccións dos Estados Unidos desde 1848, incluíndo eleccións nacionais, estatais e locais ata o nivel lexislativo nos 50 estados.

En 2016, as novas recollidas por AP foron publicadas e reeditadas por máis de 1300 xornais e emisoras.[2] AP posúa 248 oficinas de noticias en 99 países.[3] Tamén opera a rede de radio AP, que ofrece informativos dúas veces cada hora para emisoras de radio e televisión por satélite. Moitos xornais e emisores fóra dos Estados Unidos son subscritores de AP, pagando unha taxa por usar o material da axencia sen seren membros da cooperativa. Como parte do seu acordo de cooperación con AP, a maioría das organizacións de noticias membros conceden permiso automático a AP para distribuír as súas noticias locais. AP empregaba tradicionalmente a fórmula da "pirámide invertida" para escribir, un método que permite aos medios de comunicación editar unha historia para axustala á súa área de publicación dispoñible sen perder o esencial dela, aínda que en 2007, o entón presidente de AP, Tom Curley, cualificou a práctica como "morta".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Documents Shed New Light on Birth of AP; Wire Older Than Originally Thought". Editor & Publisher. 31 de xaneiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2018. Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  2. "2016 Consolidated Financial Statements" (PDF). Associated Press. 5 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  3. "AP by the numbers". Associated Press. 2019. Consultado o 10 de setembro de 2020. 
  4. "Associated Press CEO: "The Inverted Pyramid Is Dead"". Adweek. 2 de novembro de 2007. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]