Paraíso fiscal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O paraíso fiscal é aquel territorio ou estado exento de impostos, ou con estes moi baixos. Nas zonas con tal apelativo, diferentes xurisdicións teñen tipos de impostos especialmente reducidos para atraer certas categorías de persoas e compañías.

Características[editar | editar a fonte]

Un xeito no que unha persoa ou compañía aproveita as características dun paraíso fiscal é trasladándose ou facéndose residente a efectos fiscais do mesmo. Outra forma é estabelecer unha entidade xurídica separada ou subsidiaria (unha compañía extraterritorial -offshore-, de de fideicomiso) ou fundación no territorio fiscal. Os activos transfírense á nova compañía ou entidade de maneira que os beneficios poidan ser realizados ou as rendas cobradas no paraíso fiscal.

Que esta forma de evasión de impostos non sexa sempre totalmente limpa depende da lexislación vixente dos países involucrados e das circunstancias particulares das compañías ou individuo implicados.

Moitos países (particularmente os membros do OCDE) teñen leis que dificultan aos seus residentes posuír unha compañía (ou realizar inversións) nun paraíso fiscal sen pagar impostos nel ou no país no que residen. Por exemplo, os ingresos ou ganancias procedentes dunha compañía extraterritorial ou de inversión poden atribuírse a efectos fiscais ao dono ou investidor baixo o réxime do CEC ou outras leis similares.

Moitos países teñen tratados fiscais bilaterais que evitan ao seus residentes pagar impostos dobres, pero poucos teñen tratados cos paraísos fiscais.

Paraísos fiscais segundo a OCDE[editar | editar a fonte]

Os paraísos fiscais enumerados na lista publicada pola Organización para a Cooperación e o Desenrolo Económico (OCDE) o 12 de decembro de 2003 son:

Outros paraísos fiscais[editar | editar a fonte]

  • O Reino Unido é un paraíso fiscal para persoas con domicilio no estranxeiro, incluso aínda que sexan do país (residencia e domicilio son conceptos legais diferentes no Reino Unido), pois non pagan impostos sobre os ingresos estranxeiros que non se remitan ao Reino Unido. Parecidas situacións atópanse noutros países, como Irlanda.
  • Suíza é un paraíso fiscal para los estranxeiros que se fan residentes tras negociar a cantidade dos seus ingresos suxeita a impostos co cantón no que pretenden habitar. Tipicamente asúmese que os ingresos impoñíbeis son cinco veces a renda de aloxamento pagada.
  • Mónaco e Andorra non cobran impostos sobre os ingresos persoais.
  • Bahamas non cobra impostos sobre ingresos persoais nin ganancias de capital nin tampouco ten imposto de sucesións.
  • Nas diversas Illas do Canal e na Illa de Man, as empresas e individuos non pagan impostos polas ganancias e ingresos no estranxeiro. Os non residentes tampouco pagan impostos polos ingresos locais. O imposto local ten un tipo fixo do 20%.
  • En Xibraltar, as sociedades exentas de impostos, que non deben comerciar nin xestionar ningún negocio localmente, pagan unha cantidade fixa de impostos de entre 200 e 300 libras ao ano.
  • Vanuatu, un estado insular micronesio, é un paraíso fiscal que non proporciona información contable a outros gobernos e axencias policiais. En Vanuatu non existen impostos sobre ingresos, retencións a conta, impostos sobre ganancias de capital, imposto de sucesións nin control de divisas.
  • Campione d'Italia
  • Os tipos fiscais de Hong Kong son tan baixos que pode ser considerado un paraíso fiscal.
  • Uruguai é considerado o paraíso fiscal suramericano, xa que adoptou unha política de exoneración fiscal e secreto bancario para atraer inversións.
  • Luxemburgo
  • Arabia Saudí
  • Emiratos Árabes Unidos
  • Terra do Fogo

Cantidades[editar | editar a fonte]

As estatísticas indican que o sector bancario extraterritorial (offshore) é unha actividade máis que importante. Cálculos do FMI [1], baseadas en datos do BPI, sobre os centros financeiros extraterritoriais, estiman que os activos extraterritoriais incluídos nas seus balances xerais acadaron os 4,6 billóns de dólares a finais de xuño de 1999, o que supón case a metade dos activos extraterritoriais totais. Desta cantidade, 0,9 billóns estaban no Caribe, un billón en Asia e a maioría dos restantes 2,7 billóns correspondían aos centros financeiros internacionais, é dicir, Londres, aos servizos bancarios internacionais (IBF) estadounidense e ao mercado extraterritorial nipón (JOM).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]