Gran Premio da China de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República Popular da China Gran Premio da China de 2017
Detalles da carreira
Carreira 2 de 20 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Trazado do circuíto de Xangai.
Trazado do circuíto de Xangai.
Data 9 de abril de 2017
Nome oficial 2017 Formula 1 Chinese Grand Prix
Localización Circuíto Internacional de Xangai
Xangai, China
Percorrido Circuíto permanente
5´451 km
Distancia 56 voltas, 305´066 km
ClimaCuberto
Pole position
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:31.678
Volta rápida
Piloto Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:35.378 na volta 44
Podio
Primeiro Lewis Hamilton Mercedes
Segundo Alemaña Sebastian Vettel Ferrari
Terceiro Países Baixos Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer

O Gran Premio de China de 2017 oficialmente 2017 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 9 de abril de 2017 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un 2017, e marca o décimo cuarta vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.

A carreira estivo marcada por dificultades nas sesións de adestramentos do venres, cando o clima en Xangai provocou que o helicóptero médico estivese dispoñible e só puidéronse disputar 20 minutos de carreira. Lewis Hamilton logrou a súa sexta pole consecutiva no Gran Premio da China, diante de Sebastian Vettel e o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas. A carreira comezou coa pista mollada, pero non houbo choiva durante a carreira, e Hamilton liderou a carreira de principio a fin e estableceu a volta rápida. Vettel entrou en boxes para cambiar de pneumáticos intermedios a slick durante un coche virtual da seguridade, caendo á sexta posición, pero recuperou ao segundo lugar. O piloto do día foi Max Verstappen que comezou 16º e adiantou a nove coches na primeira volta, logrou chegar ata a segunda posción pero acabou terceiro.

Resumo[editar | editar a fonte]

Carreira[editar | editar a fonte]

A FIA tomou medidas para asegurar que o acceso ao helicóptero médico de urxencia que provocou á cancelación da maior parte da práctica do venres non impedira o funcionamento da carreira mesma. Unha escolta da policía púxose a disposición para facilitar o transporte terrestre rápido, e un equipo neurolóxico especialista foi trasladado a un hospital situado a cinco quilómetros da pista[1] Isto incluíu amañarse "para que un equipo completo de neurocirurxía do Hospital Huashan estivese presente no hospital de Ruijin o domingo" deixando así ao equipo médico da FIA "satisfeito de que o Hospital de Ruijin non só será facilmente accesible en todas as condicións climáticas, senón tamén será capaz de proporcionar a atención necesaria".[2]

Choveu de maneira considerable na mañá da carreira, pero a saída realizaouse seguindo o procedemento estándar. Todos excepto Sainz optaron por comezar con pneumáticos intermedios en lugar de slicks. Vettel foi investigado por estar fóra de posición ao principio, mentres o seu coche estaba fóra da súa caixa de boxes cara a Hamilton, pero finalmente non recibiu ningunha sanción. As primeiras voltas viron unha colisión entre Pérez e Stroll deixando Stroll chantado nunha trampa de grava e provocando un coche de seguridade virtual durante o cal Vettel entrou a poñer slicks.[3] Pouco despois Giovanizzi sufriu un accidente importante na liña de meta, que provocou a saída do coche de seguridade que permitiu á maioría dos pilotos entrar en boxes a cambiar a slicks.[4] Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco segundos por adiantar a Grosjean baixo o coche virtual de seguridade, e unha penalización de dez segundos por superar a Ericsson baixo o safety car.[5]

No momento en que o coche de seguridade entrou, Hamilton lideraba diante de Ricciardo e Verstappen, que fixera unha serie de adiantamentos en condicións esvaradizas, cos Ferraris cuarto e quinto.[6] Verstappen superou a Ricciardo na volta 11 para o segundo lugar, logo de comezar 16º, demostrando novamente a súa habilidade en condicións difíciles (similares ao Gran Premio do Brasil de 2016). Cos Ferraris incapaces de adiantar a Ricciardo, Hamilton e Verstappen sacaron unha vantaxe significativa, con Hamilton catro segundos por diante de Verstappen e nove segundos por diante de Ricciardo na volta 20, volta na que Vettel superou a Räikkönen. Dúas voltas despois, Vettel alcanzou a Ricciardo e pechou rapidamente a distancia con Verstappen. Na volta 27, Hamilton construíra unha vantaxe de 8,5 sobre Verstappen con Vettel preto de 1,5 segundos máis atrás, e Ricciardo e Räikkönen a 2 e 4 segundos detrás de Vettel. Verstappen cometeu un erro na volta 29, bloqueando e permitindo a Vettel poñerse segundo,[6] 10´6 segundos detrás de Hamilton a falta de 27 voltas. Verstappen detívose para poñer pneumáticos novos na volta seguinte, volvendo á pista 6º detrás de Bottas.

Verstappen mostrou unha gran mellora cos seus pneumáticos novos, adiantando rapidamente a Bottas, o que levou a paradas en boxes para Vettel (que estaba perdendo tempo ante Hamilton) e logo para Hamilton na volta 37, que volveu á pista con pneumáticos brandos xusto por diante de Räikkönen. Räikkönen foi o último dos seis mellores pilotos en parar para cambiar os pneumáticos malia as súas repetidas queixas de problemas cos pneumáticos, probablemente porque o pitting provocoulle pasar de segundo a sexto, detrás dos dous coches de Red Bull.[3] Na volta 42 os cinco primeiros eran Hamilton, Vettel, Verstappen, Ricciardo e Räikkönen. Os Red Bulls loitaron pola última posición no podio nas últimas voltas, pero Ricciardo non logrou superar ao seu compañeiro de equipo, e a orde mantívose sen cambios durante as últimas 15 voltas. Sainz, Magnussen, Pérez e Ocon completaron os dez primeiros.

A carreira foi a 54ª vitoria de Hamilton na Fórmula 1, a súa quinta vitoria no Gran Premio da China (anteriormente gañou no Gran Premio da China de 2008, 2011, 2014, e 2015), e a 65ª vitoria para Mercedes na súa 150ª carreira na F1. Con Hamilton gañando a carreira e Vettel en segundo lugar, os dous chegaran á terceira carreira do campionato en Bahrain empatados no Campionato Mundial de pilotos con 43 puntos, pero con Mercedes diante de Ferrari no Campionato de Construtores.[6] A volta rápida da carreira estableceuna Lewis Hamilton na volta 44 nun tempo de 1:35.378, máis de catro segundos máis rápido que a volta rápida de Nico Hülkenberg de 1:39.824 na carreira de 2016.[7] Hamilton converteuse no segundo piloto, logo de Schumacher, en gañar cinco ou máis veces en tres pistas diferentes. E igualou a marca de Alain Prost de 106 podios. A carreira foi o seu terceiro "grand slam" (pole, vitoria, volta rápida e liderar todas as voltas da carreira). Hamilton tamén igualou o récord de Jim Clark de 11 "hat-tricks" (carreiras gañadas logrando tamén a pole mentres e a volta rápida.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempos
cualificación
Grella
Final
Q1 Q2 Q3
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:33.333 1:32.406 1:31.678 1
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:33.078 1:32.391 1:31.864 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:33.684 1:32.552 1:31.865 3
4 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:33.341 1:32.181 1:32.140 4
5 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:34.041 1:33.546 1:33.033 5
6 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:34:205 1:33.759 1:33.507 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:34.453 1:33.636 1:33.580 7
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:34.657 1:33.920 1:33.706 8
9 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 1:34.440 1:34.034 1:33.719 9
10 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:33.986 1:34.090 1:34.220 10
11 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 1:34.567 1:34.150 11
12 20 Dinamarca  Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:34.942 1:34.164 12
13 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 1:34.499 1:34.372 13
14 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:34.892 1:35.046 14
15 36 Italia Antonio Giovinazzi Sauber-Ferrari 1:34.963 sen tempo 18[8]
16 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 1:35.023 15
17 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:35.223 19[9]
18 30 Jolyon Palmer Renault 1:35.279 20[9]
19 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:35.433 16
20 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:35.496 17
107% tempo límite: 1:39.593
Fonte:[10]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 44 Lewis Hamilton Mercedes 56 1:37:36.158  1 25
2 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 56 +6.250 2 18
3 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 56 +45.192 16 15
4 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 56 +46.035 5 12
5 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 56 +48.076 4 10
6 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 56 +48.808 3 8
7 55 España Carlos Sainz Toro Rosso 56 +1:12.893 11 6
8 20 Dinamarca  Kevin Magnussen Haas-Ferrari 55 +1 volta 12 4
9 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 55 +1 volta 8 2
10 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 55 +1 volta 17 1
11 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 55 +1 volta 19
12 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 55 +1 volta 7
13 30 Jolyon Palmer Renault 55 +1 volta 20
14 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 55 +1 volta 6
15 9 Suecia Suecia Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 55 +1 volta 14
Ret 14 España Fernando Alonso McLaren-Honda 33 palier 13
Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso 18 Hidráulica 9
Ret 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Honda 17 Presión combustible 15
Ret 36 Italia Antonio Giovinazzi Sauber-Ferrari 3 Accidente 18
Ret 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 0 Colisión 10
Fonte:[11]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cooper, Adam (8 April 2017). "FIA takes steps to ensure Chinese GP will run on time". motorsport.com (Motorsport Network). Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 8 April 2017. 
  2. Noble, Jonathan (9 de abril de 2017). "Chinese GP: FIA makes special arrangements at nearby hospital". Autosport. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "F1 – Hamilton wins Chinese Grand Prix ahead of Vettel and Verstappen". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 de abril de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  4. Khorounzhiy, Valentin (9 de abril de 2017). "Chinese GP: Hamilton wins as wet start causes fireworks". motorsport.com (Motorsport Network). Consultado o 9 de abril de 2017. 
  5. Collantine, Keith (9 de abril de 2017). "Hulkenberg given two penalties for Safety Car errors". f1fanatic.co.uk. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Galloway, James (9 de abril de 2017). "Chinese GP: Lewis Hamilton and Mercedes back to winning ways". Sky Sports F1. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  7. "2016 Chinese Grand Prix Race – Official Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 17 April 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2016. Consultado o 9 April 2017. 
  8. Antonio Giovinazzi recibiu unha penalización de cinco posicións na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
  9. 9,0 9,1 Romain Grosjean e Jolyon Palmer recibiron cinco postos de penalización por ignorar as bandeiras amarelas durante a cualificación.
  10. "2017 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix – Qualifying". formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 8 de abril de 2017. Consultado o 8 de abril de 2017. 
  11. "2017 Chinese Grand Prix Race – Official Classification". FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 9 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2017
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2017
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2017
Carreira anterior:
Gran Premio da China de 2016
Gran Premio da China Carreira seguinte:
Gran Premio da China de 2018