Serhii Bubka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serhii Bubka
Nome completoСергі́й Наза́рович Бу́бка e Сергей Назарович Бубка
Nacemento4 de decembro de 1963
Lugar de nacementoLuhansk
NacionalidadeUnión Soviética e Ucraína
Alma máterNational University of Physical Education and Sport of Ukraine
Ocupaciónsaltador con pértega, atleta e político
FillosSergei Bubka
IrmánsVasiliy Bubka
PremiosBandeira Vermella do Traballo, Orde de Lenin, Order of Prince Yaroslav the Wise, Honored badge of merit of the President of Ukraine, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes, Honorary Diploma of the Cabinet of Ministers of Ukraine, Order of Merit (Ukraine), 2nd class, Order of Merit, 1st class, Hero of Ukraine, Order of the State, L'Équipe Champion of Champions, Mestre Honorário de Desportos da União Soviética, Order of Prince Yaroslav the Wise, 5th class, Order of Prince Yaroslav the Wise, 4th class, Order of Prince Yaroslav the Wise, 3rd class e Order of Liberty
Na rede
http://www.sergeybubka.com/
IAAF: 14229786 Olympic.org: sergey-bubka Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Serhii Nazarovych Bubka, (en ucraíno: Сергій Назарович Бубка, en ruso: Сергей Назарович Бубка), nado en Voroshilovgrad o 4 de decembro de 1963 é un exatleta ucraíno especializado en salto con pértega. Está considerado como o maior deportista na historia da especialidade, destacando as seis vitorias consecutivas no Campionato Mundial de Atletismo, a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1988 e os 35 récords mundiais (17 ao aire libre e 18 en recintos pechados).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bubka comezou a destacar nas competicións locais nas mans do adestrador Vitaly Petrov, primeiro cun salto de 2,70 metros aos 11 anos e logo superando os cinco metros con 16 anos. Saltou á fama internacional en 1981 cando foi sétimo no Campionato Europeo Júnior. Nese momento o seu potencial causou admiración e de feito, a pesar de clasificarse oitavo no campionato nacional, o adestrador do equipo soviético, Igor Ter-Ovanessian, incluíuno na selección que ía participar no primeiro Campionato Mundial de Atletismo, en Helsinqui, en 1983.

En Helsinqui conseguiu o campionato cun salto de 5,70 m. A partir de aí, empeñouse en demostrar que non lograra o título de casualidade e mellorou ano tras ano. En 1984 logrou o seu primeiro récord mundial, baixo teito, cunha marca de 5,81 metros, que logo superou en tres ocasións. Ao aire libre marcou 5,85 m, e superouno catro veces. Nese ano bateu nove récords mundiais en total.

Por mor do boicot do bloque comunista aos Xogos Olímpicos dos Ánxeles tivo que esperar catro anos para gañar a súa primeira medalla olímpica. Asemade, gañou todos os campionatos do mundo ata 1997.

A hexemonía de Bubka parecía inapelable. En competición en recinto pechado, o francés Thierry Vigneron bateu o seu récord en 1984 cunha marca de 5,91 m, superior nun centímetro. Porén, dez minutos despois, Bubka mostrou o seu poderío chegando tres centímetros máis alto e deixando segundo o francés.

As lesións comezaron a prexudicar o saltador e, na súa última competición, o seu principal obstáculo foi o seu tendón de Aquiles. Abandonou o atletismo en 2001, aos 37 anos.

Bubka é vicepresidente sénior da International Association of Athletics Federations (IAAF) dende 2007, e presidente do Comité Olímpico de Ucraína dende 2005. É membro honorario do Comité Olímpico Internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bubka says farewell". BBC (en inglés). 4 de febreiro de 2001. Consultado o 19 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]