Lago Léman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Lago Léman
Lac Léman ou lac de Genève
Lago Léman Lac Léman ou lac de Genève
Castelo Chillon, no lago Léman
Lago Léman en Suíza
Lago Léman
Lago Léman
Xeolocalización do lago Léman en Suiza
PaísFlag of France.svg Francia
Suíza Suíza
RexiónFlag of Rhône-Alpes.svg Ródano-Alpes (FRA)
Suíza Cantón de Xenebra (SUI)
Suíza Valais (SUI)
Suíza Vaud (SUI)
ProvinciaDepartamento da Alta Savoia (FRA)
Superficie582,4 km²
(25º de Europa)
Capacidade89 hm³
Lonxitude72 km
Ancho14 km
Conca fluvialRío Ródano
Cota372 msnm
Profundidade309,7 m
Prof. media154,4 m
TipoLago de auga doce
AfluentesRíos Ródano, Aubonne, Dranse, Eau Froide, Morge, Morges, Serine, Venoge, Versoix e Veveyse
Illasîle de Peilz, Château de Chillon, île de Salagnon, île de la Harpe, île Rousseau, Île de Choisi

O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seu 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).

A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.

Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).

Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.

Nome[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro coñecido do nome do lago é Lacus Lemannus, na época do Imperio romano; tornouse Lacus Lausonius, Lacus Losanetes e entón Lac de Lausanne na Idade Media. Coa crecente importancia de Xenebra, tornouse Lac de Genève (lago de Xenebra). No século XVIII, o nome Lac Léman foi revigorado en francés. É usualmente chamado de Lac de Genève en Xenebra e Lac Léman noutros lugares. Algúns mapas denomínano Lac d'Ouchy (do nome do porto localizado próximo de Lausana).

Nota de pronuncia (no Alfabeto fonético internacional) —

Inglés: Lake Geneva /leɪk dʒə'ni:və/
Francés: Lac Léman /lak le'mɑ̃/ or Lac de Genève /lak də ʒe'nɛv/
Alemán: Genfersee /'gɛnfərˌze:/
Italiano: Lago di Ginevra /'lago di dʒi'nevra/.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]