Yelena Isinbayeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Yelena Isinbayeva
Елена Исинбаев в Кремле.jpg e Yelena Isinbayeva by Augustas Didzgalvis.jpg
Nacemento 3 de xuño de 1982
  Volgogrado
Nacionalidade Unión Soviética e Rusia
Alma máter Volgograd State Academy of Physical Culture
Ocupación saltador con pértega e atleta
Premios Ordem de Honra, Order "For Merit to the Fatherland" IV class, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes, Medal of the Order "For Merit to the Fatherland" II class e Anexo:Laureus World Sports Awards de Atleta feminina do ano
editar datos en Wikidata ]
Isinbáyeva durante o Campuinato Mundial de Atletismo 2009 en Berlín.

Yelena Gadzhiyevna Isinbayeva (en ruso: Елена Гаджиевна Исинбаева), nada en Volgogrado o 3 de xuño de 1982 é unha ex-atleta rusa, especializada en salto con pértega, campioa olímpica, do mundo e europea desta proba. Bateu a marca mundial de salto con pértega feminino nun total de 28 ocasiones, 15 ao aire libre e 13 en pista cuberta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tras chegar ao máis alto na súa especialidade e bater a marca do mundo en varias ocasións, saltando máis de 5 metros no ano 2005 e dominando a proba sen dar opción ás súas rivais, o seu progreso sufriu un estancamento. Isinbayeva seguía gañando con suficiencia, mais pasou unha crise de resultados. Nese tempo cambiou de adestrador para poñerse ás ordes de Vasili Petrov, que levou ao éxito a Sergei Bubka. Isinbayeva volveu superar de novo o récord do mundo en tres ocasións no ano 2008, deixando a marca mundial en 5,05 metros nos Xogos Olímpicos de Pequín. Máis dun ano despois, o 28 de agosto de 2009, Isinbayeva superou de novo a súa marca na reunión de Zúric, situando o listón a 5,06 metros do chan. O seu adestrador afirmou que podía chegar a saltar 5,15 ou 5,20 metros.

No Mundial de Berlín quedou eliminada ao iniciar a competición en 4,75, altura en que derribou o listón. Logo optou por pasar aos 4,80 e fixo dous nulos, polo que caeu e provocou a primeira gran sorpresa da competición.[1] O último récord foi o 23 de febreiro de 2012 en Estocolmo ao establecer unha nova marca en pista cuberta cun salto de 5,01 metros.[2] Nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, tivo que conformarse coa medalla de bronce cunha marca de 4,70 metros detrás da estadounidense Jennifer Suhr e a cubana Yarisley Silva.

O 3 de marzo de 2013 cedeu o récord en pista cuberta logrado en Estocolmo a Suhr, que a superou cun salto de 5,02 metros nos campionatos dos Estados Unidos, que se disputaron en Albuquerque.[3] O 13 de agosto de 2013, nos mundiais de atletismo celebrados en Moscova, Isinbayeva retirouse da competición tras gañar o ouro logrando o seu mellor salto da temporada con 4,89 metros.

Galardones[editar | editar a fonte]

A IAAF elixiuna como a mellor atleta do ano en 2004, 2005 e 2008.

En 2007 e 2009 recibiu o Premio Laureus á mellor deportista feminina do ano.

O 2 de setembro de 2009 outorgóuselle o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eliminación en el Mundial de Berlín". 
  2. "Récord en el concurso de Estocolmo con un 5.01m". 
  3. "Nuevo récord en Alburquerque con 5.02m". 
  4. "Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 2009: Yelena Isinbayeva". Fundación Príncipe de Asturias. 2 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2009. Consultado o 3 de setembro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]