Severiano Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severiano Ballesteros
Seve Ballesteros 2006-07-19.jpg
Nome completoSeveriano Ballesteros Sota
Nacemento9 de abril de 1957
Lugar de nacementoPedreña
Falecemento7 de maio de 2011
Lugar de falecementoPedreña
Causacancro de cerebro
NacionalidadeEspaña
Ocupacióngolfista
CónxuxeCarmen Botin O'Shea
FillosJavier Ballesteros, Miguel Ballesteros e Carmen Ballesteros
PremiosPremio Príncipe de Asturias dos Deportes, Hall da Fama do Golfe Mundial, Knight Grand Cross of the Order of Sports Merit, honorary doctor of the University of St Andrews, Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo e Medalla de ouro ó mérito turístico
Na rede
http://www.seveballesteros.com
IMDB: nm4450535 Musicbrainz: e1791014-6c88-43a2-9777-23c46c42bf27 WikiTree: Ballesteros_Sota-1 Find a Grave: 69449219 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Severiano Ballesteros Sota, nado en Pedreña (Cantabria) o 9 de abril de 1957 e finado no mesmo lugar o 7 de maio de 2011, foi un golfista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu tío, Ramón Sota, foi campión de España de golf, e o seu pai era xardineiro no campo de golf de Pedreña, onde Severiano debutou como caddy cando tiña nove anos.

Foi un dos profesionais con mellor palmarés da historia do golf. Entre os seus títulos, figuran cinco campionatos do mundo Match Play, dous primeiros postos no selectivo torneo Masters de Augusta, e tres no Open Británico. Tras a súa retirada foi deseñador de campos de golf e organizador de torneos.

Puxo en marcha a Fundación Seve Ballesteros, unha institución privada sen ánimo de lucro dedicada ao fomento e apoio da investigación sobre tumores cerebrais e a achegar o deporte do golf a mozos sen recursos económicos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]