Samuel Sánchez
Samuel Sánchez | |
---|---|
![]() | |
Información persoal | |
Nacemento | Samuel Sánchez González 3 de febreiro de 1978 (45 anos) Oviedo, Asturias |
Nacionalidade | ![]() |
Equipo | |
Último equipo | BMC |
Equipo(s) Pro | |
2000-2017 | Euskaltel-Euskadi |
Principais vitorias | |
Campionato Olímpico en Ruta ![]() Tour de Francia: 1 etapa e montaña ![]() Volta a España: 5 etapas Volta ao País Vasco (2012) |
Samuel Sánchez González, nado en Oviedo o 5 de febreiro de 1978, é un ciclista profesional asturiano.
Trátase dun corredor especialista en carreiras dun día, nas que ten acadado vitorias importantes, como a medalla de ouro de ciclismo en ruta nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008; aínda que tamén ten feito boas clasificacións nas carreiras de 3 semanas, gañando varias etapas na Vuelta a España e Tour de Francia. Na edición 2010 do Tour de Francia fíxose co terceiro posto definitivo na clasificación xeral, e ó ano seguinte coa vitoria final na clasificación da montaña.
No ano 2014 tras a desaparición do equipo Euskatel tanto el como moitos outros dos seus compañeiros quedan sen equipo, Samuel ficha in extremis polo BMC, inicialmente por un ano pero tras unha boa campaña renova coa marca suíza, onde continua competindo a día de hoxe.
Participacións nas Grandes Voltas[editar | editar a fonte]
Carreira | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Giro de Italia | - | - | - | - | - | 17º | - | - | - | - | - | - | - | 12º |
Tour de Francia | - | - | F.c. | F.c. | - | - | - | - | 6º | - | 3º | 5º | Ab. | |
Vuelta a España | - | - | - | - | 15º | 10º | 7º | 3º | - | 2º | - | - | - |
-: non participou
Ab.: abandono
F.c.: chegou "fora de control"
Equipos[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Samuel Sánchez ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial de Samuel Sánchez Arquivado 15 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Perfil de Samuel Sánchez (en inglés)