Saltar ao contido

Lugano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLugano
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°00′37″N 8°57′45″L / 46.0103, 8.9625
Estado federadoSuíza
CantónsTesino
DistritoDistrito de Lugano Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación63.185 (2018) Editar o valor en Wikidata (832,15 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie75,93 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago de Lugano Editar o valor en Wikidata
Altitude283 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Bioggio (pt) Traducir
Arogno (pt) Traducir
Morcote (pt) Traducir
Vezia (pt) Traducir
Sorengo (pt) Traducir
Vico Morcote (pt) Traducir
Val Rezzo (pt) Traducir
Brusimpiano (pt) Traducir
Alta Valle Intelvi (en) Traducir
Valsolda (pt) Traducir
Campione d'Italia (pt) Traducir
Savosa (pt) Traducir
Ponte Capriasca (pt) Traducir
Collina d'Oro (pt) Traducir
Capriasca (pt) Traducir
Canobbio (pt) Traducir
Porza (pt) Traducir
Grancia (pt) Traducir
Melide (pt) Traducir
Massagno (pt) Traducir
Paradiso (pt) Traducir
Muzzano (pt) Traducir
Cavargna (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Cadro (pt) Traducir, Barbengo (pt) Traducir, Valcolla (pt) Traducir, Certara (pt) Traducir, Cimadera (pt) Traducir, Pambio-Noranco (en) Traducir, Brè-Aldesago (en) Traducir, Breganzona (en) Traducir, Bogno (pt) Traducir, Cureggia (en) Traducir, Carabbia (pt) Traducir, Carona (pt) Traducir, Viganello (en) Traducir, Sonvico (pt) Traducir, Pregassona (en) Traducir, Castagnola-Cassarate (en) Traducir, Pazzallo (en) Traducir, Gandria (en) Traducir, Villa Luganese (pt) Traducir e Davesco-Soragno (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónLourenzo mártir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMarco Borradori (pt) Traducir (1984–2013)
Michele Foletti (2021–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
SGV-ACS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal6932, 6951, 6959, 6900, 6901, 6902, 6903, 6904, 6905, 6906, 6907, 6908, 6909, 6910, 6911, 6912, 6913, 6914, 6915, 6916, 6917, 6962, 6963, 6964, 6965, 6966, 6967, 6968, 6974, 6975, 6976, 6977, 6978 e 6979 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico091 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo5192 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo

Sitio weblugano.ch Editar o valor en Wikidata
Twitter: luganomycity Instagram: luganomycity BNE: XX4960198 Editar o valor en Wikidata

Lugano (en lombardo: Lügan) é unha cidade ao sur de Suíza, no cantón italiano-falante de Tesino, que fai fronteira con Italia. A cidade fica ás beiras do Lago Lugano. Os seus cálidos veráns e o incremento do número de celebridades que son atraídas pola vila leváronlle a recibir o nome de "Monte Carlo de Suíza". Con 55.060 habitantes, 130.000 na súa aglomeración urbana, é a novena cidade de Suíza por poboación.

A orixe do nome probablemente proveña do latín Lucus, que significa bosque sagrado, ao igual que a cidade galega de Lugo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Lugano está situado na ribeira oeste do lago homónimo, situado á súa vez entre os lagos Maggiore e di Como, ao sur dos Alpes. Pola cidade transcorre o río Cassarate, que desauga no propio lago.

O clima de Lugano é dos máis benignos de Suíza, con veráns cálidos e invernos máis suaves que no resto do país. O mes máis frío, xaneiro, ten unha temperatura máxima media de 6,1 °C e de 0,1 °C a mínima. O máis cálido é xullo, cunhas temperaturas medias máxima e mínima de 25,8 °C e 16,7 °C, respectivamente. As chuvias son abondosas, rexistrándose uns 1.545 l/m2 de media ao ano.

As ribeiras do Lago de Lugano foron habitadas dende a Idade de Pedra. Posteriormente, etruscos, celtas e romanos deixaron vestixios do seu paso pola zona. O primeiro documento que fala da existencia dunha cidade na súa actual localización é de 724, aínda que a súa autenticidade está hoxe discutida. Hai que agardar ata o 1189 para atopar un escrito no que a vila se nomee coa súa denominación actual. Durante os séculos XIV e XV foi obxecto de disputa entre os ducados de Como e Milán, non sendo ata o 1513 cando pasou a formar parte da Antiga Confederación Suíza.

En 1798 entrou a formar parte da República Helvética, baixo o control de Napoleón, chegando a ser o centro do cantón de Lugano. Unha revolta acontecida catro anos máis tarde declarou a independencia do cantón da República Helvética. Coa sinatura da Acta de Mediación ao ano seguinte, na que, baixo o auspicio de Napoleón, se creou a Confederación Suíza monicreque do Primeiro Imperio Francés e que perduraría ata o 1815, o cantón de Lugano uniuse ao de Bellinzona dando lugar ao actual cantón de Tesino, do que Lugano é a principal cidade, aínda que non a capital.

Logo da segunda guerra mundial a cidade experimentou un importante fluxo de capital da veciña Italia, propiciando un crecemento exponencial das actividades bancarias, converténdoa no terceiro centro financeiro de Suíza.

Reverso dunha moeda conmemorativa do certame de tiro de Lugano en 1883

A Catedral de San Lourenzo, católica, é a principal mostra de arte arquitectónica da cidade. Erguida no 818 como unha pequena igrexa, logo feita colexiata no 1078, foi ampliada no século XV, polo que combina elementos románicos con outros renacentistas.

O Museo delle Culture, emprazado nunha mansión á beira do lago, é un dos máis importantes de Lugano, xunto co Museo de Arte e o Museo Cantonal. Mais, sen dúbida, o maior atractivo é o propio lago, principal elemento dunha contorna natural de grande valor paisaxístico e onde é posible a práctica de diversos deportes.

Na cidade fálase tradicionalmente unha variedade da lingua lombarda coñecida como dialecto de Lugano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]