Estación de Vigo-Guixar
Vigo-Guixar | |
---|---|
Estación de trens de Vigo-Guixar | |
Situación | Rúa do Areal s/n 36201 Vigo |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | MD, Rexional Exprés, Rexional Internacional |
A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.
Historia
[editar | editar a fonte]Situada na rúa Areal do lugar de Guixar (parroquia histórica de Teis), tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.
As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010[1] e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.[2] O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.[2]
Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.[3]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
Vigo-Guixar | |
3 | Rexional Exprés Rexional Internacional |
Porto-Campanhã | Vigo-Guixar | |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A estación provisional de Guixar comeza a tomar forma coa cimentación Faro de Vigo
- ↑ 2,0 2,1 O Ministro de Fomento pon en servizo a nova estación de Vigo-Guixar Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Urzaiz, rápido; Guixar, lento La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vigo-Guixar |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Antiga estación de Vigo
- Estación de Vigo-Urzáiz
- Lista de estacións de tren de Galicia
- Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia