Saltar ao contido

David Fernández Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Fernández Diéguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1875 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Real Academia Galega
1935 – 1936
← Manuel Lugrís FreireManuel Casás Fernández →
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
16 de setembro de 1929 – 15 de febreiro de 1930
← Enrique Fraga Rodriguez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático
Membro de

BNE: XX1267657 BUSC: fernandez-dieguez-david-1870-1936

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Arquitectura e Ciencias Exactas en Madrid. Exerceu como profesor de Aritmética, Xeometría Práctica e Elementos de Construción na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña, e despois como catedrático de Matemáticas do Instituto Nacional de Ensino Medio. Ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Murguía, Florencio Vaamonde e Jaime Ozores de Prado, o 28 de marzo de 1925,[1] da que foi secretario (1926-1936), e presidente nos últimos meses da súa vida[2].

Dirixiu a revista Galicia Nueva, órgano da Xuventude Católica coruñesa, foi membro da Asociación Católica Nacional de Propagandistas e secretario do centro de propagandistas da Coruña, membro da Unión Patriótica, presidente provincial da Unión Monárquica Nacional e membro dos Caballeros de La Coruña en 1936, corpo parapolicial que axudou nas tarefas de represión e control da orde na cidade logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

É autor de “Contribución al estudio de la trisección del ángulo” e un traballo sobre a construción da media proporcional de dous segmentos. Como bibliógrafo e historiador foi autor de traballos sobre a historia dos logaritmos, Juan Caramuel e Juan Jacobo Durán Loriga.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Académicos e académicas: David Fernández Diéguez". Real Academia Galega. 
  2. Barreiro Noya, A. (1942). "Al entrar en un nuevo período : Resumen de una gestión". BRAG (264): 313–314. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  3. Recepción de Castelao na RAG na Coruña o 25 de xullo de 1934.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Lugrís Freire
 
Presidente da RAG
 
1935-1936
Sucesor:
Manuel Casás Fernández