Asociación Católica de Propagandistas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Católica de Propagandistas
Tipoasociación
Data de fundación1909
Fundador(es)Ángel Ayala
PaísEspaña
Na rede
http://www.acdp.es
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) é unha organización española de segrares católicos cuxo modo de perseguir o ideal relixioso é a propagación da fe católica e o apostolado, formando e instando a minorías selectas destinadas a dirixir a vida pública da sociedade e a acción social e política dos católicos, entre os que exercen un papel aglutinante.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A asociación foi fundada en 1909 polo sacerdote xesuíta Ángel Ayala. Foi consolidada por Ángel Herrera Oria nos anos vinte.

Influencias no franquismo[editar | editar a fonte]

Durante o réxime do Xeneral Franco, os propagandistas constituíron unha das familias máis influentes do panorama español, especialmente trala derrota das Potencias do Eixe na Segunda guerra mundial e o desprazamento dos sectores da Falanxe Española en beneficio do nacional-catolicismo representado polos propagandistas, ata a aparición dos tecnócratas do Opus Dei. Tralo Concilio Vaticano II, algúns propagandistas, como Joaquín Ruiz-Giménez convertéronse en opositores ao réxime, en tanto que outros, integrados no grupo Tácito, premeron a prol da reforma do réxime. Moitos propagandistas tiveron un papel moi influente durante a Transición, chegando un deles, Leopoldo Calvo-Sotelo á presidencia do Goberno.

Proxectos[editar | editar a fonte]

Da ACdeP xurdiron varios proxectos:

Fundación Universitaria San Pablo CEU[editar | editar a fonte]

Universidade San Pablo CEU.

A Fundación Universitaria San Pablo CEU, da que dependen as universidades San Pablo de Madrid, Cardenal Herrera de Valencia e a Abat Oliba de Barcelona. Así coma cinco colexios de primaria e secundaria en Madrid, Valencia, Barcelona, Alacant e Murcia. Tamén conta con diferentes centros de posgraduado, unha escola de maxisterio e dúas escolas de negocios.

Da Fundación San Pablo Andalucía, fundada polos propagandistas andaluces depende a Universidade Fernando III cuxa propiedade está compartida coa Provincia de bética da Compañía de Xesús.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]