Unión Patriótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unión Patriótica
Derecha
Logo Union Patriotica (Spain).svg
Dirixentes e organización
LíderMiguel Primo de Rivera
MocidadesJuventudes de Unión Patriótica (JUP)
Historia
Fundación14 de abril de 1924
Disolución1930
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadurismo
Nacionalismo español
Catolicismo político
Monarquismo
Outros datos
SedeMadrid
PublicaciónLa Nación

Unión Patriótica (UP) foi unha organización política española fundada en Madrid, en abril de 1924, polo ditador Miguel Primo de Rivera como unha asociación de cidadáns, unha asociación de "tódolo homes de boa vontade", que integraría a toda a sociedade e substituiría aos partidos tradicionais aos que consideraba corruptos, para dar soporte ao novo réxime.

O seu lema era “Patria, religión, monarquía”. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera.

A Unión Patriótica foi un partido personalista ligado ao mantemento do réxime primorriverista e á personalidade do seu líder. Podería ser cualificada como un partido político circunstancial e oportunista que desaparecería en canto non tivera o apoio do goberno. Como partido careceu do necesario apoio social que lle permitira existir cando desapareceu o réxime da ditadura.

Desenvolvemento e organización da UP[editar | editar a fonte]

A orixe xeográfica do proxecto situouse en Valladolid, ao redor de persoas próximas ao xornal El Debate, dirixidas por Ángel Herrera Oria, fundador da Asociación Católica Nacional de Propagandistas. O manifesto de constitución do grupo fíxose publico no xornal El Debate o 2 de decembro de 1923, inicialmente os seus primeiros membros están vinculados aos propagandistas católicos de Herrera Oria, posteriormente outras cidades castelás constituíron UP, no mesmo mes de decembro incorporáronse Ávila, Burgos e Palencia.

A formación da UP foi un labor do ditador, cando reunidos en Madrid, a principios de abril de 1924, delegados gobernativos, recibiron a orden de fomentar a creación de comités locais do partido en todas as localidades do país. En 1926, la UP estaba asentada en todas as provincias.

En xullo de 1926 a Asemblea aproba os estatutos e elixe unha Xunta Directiva e un Comité Executivo formado por Miguel Primo de Rivera, Luis Benjumea Calderón, Luis de la Hermosa, Gabriel de Aristizabal, Jose Gabilán, Jose Mañes, Andrés Gassó y Vidal e Miquel Díaz Canseco.

En cada localidade formouse un Comité de Partido Xudicial, que nomeaba aos seus representantes no Comité Provincial. Os seus afiliados foron os que ocuparon os cargos en concellos, deputacións e gobernos civís. Na súa maioría, os membros da UP procedían da burguesía agrícola, dirixentes de organizacións católicas, pero tamén compoñentes da antiga oligarquía caciquil, mauristas, carlistas e antigos liberais.

Órganos de expresión[editar | editar a fonte]

A inicios da década de 1930, a Unión Patriótica posuía unha importante rede de xornais, aínda que os máis deles eran semanarios e moi poucos conseguiron converterse en diarios. Os xornais máis importante foron La Nación en Madrid, La Razón en Barcelona, o Diario Regional en Linares, La Voz en Córdoba, Teruel, etc.[1]

Legado[editar | editar a fonte]

A Unión Patriótica no sobreviviu ao réxime no que naceu, porén como afirmou González Calleja:[2]

«A influencia da UP superou con creces (o momento) da súa desaparición: no seu corpo xurdiu ou se desenvolveron ideas corporativistas e autoritarias que apareceron plasmadas no ideario de grupos como a Unión Monárquica Nacional, Partido Nacionalista Español, Acción Popular, Renovación Española, CEDA, Falange Española ou a revista Acción Española. Foi, en definitiva, un viveiro de futuros dirixentes dos partidos dereitistas durante a República, e propuxo unha converxencia das posicións de grupos, en principio, tan irreconciliables como alfonsinos e carlistas, que pronto establecerían unha alianza táctica de carácter antirrepublicano».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Checa Godoy (1989), p. 11
  2. González Calleja (2005), p. 198

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barrio Alonso, Ángeles (2004). La modernización de España (1917-1939). Política y sociedad (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-9756-223-2. 
  • Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5. 
  • García Queipo de Llano, Genoveva (1997). El reinado de Alfonso XIII. La modernización fallida (en castelán). Madrid: Historia 16. ISBN 84-7679-318-9. 
  • González Calleja, Eduardo (2005). La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria 1923-1930 (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-4724-1. 
  • Juliá, Santos (1999). Un siglo de España. Política y sociedad (en castelán). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-9537903-1.