Saltar ao contido

Alta Idade Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alta Idade Media
 Instancia de
 Parcialmente coincidente con
Datas
 Data de comezo
500 (circa)
século IV (circa)
década de 1100 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
900 (circa)
século XI (circa)
1250 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Localización
 Localización
Identificadores
Freebase/m/02mbpg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Europa no ano 450

A Alta Idade Media[1] ou Idade Media Antiga é o período histórico que vai do ano 476 despois de Xesucristo, cando se produce a Caída do Imperio Romano ata o 1066, cando Guillerme de Normandía conquista Inglaterra e considérase que comeza a Baixa Idade Media.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A Alta Idade Media destaca pola invasión dos pobos xermánicos e o establecemento paulatino dun novo modelo social, o feudalismo. Caracterízase tamén pola barbarie dos pobos invasores, que se foi calmando segundo se foron asentando, pasando de guerreiros a terratenentes, e de pagáns a cristiáns. O sistema feudal desenvólvese ao non ter o rei unha grande autoridade sobre os seus plutócratas, ó estilo xermánico, e considérase implantado en toda Europa Occidental unha vez se produce a conquista normanda de Inglaterra.

Destacan dentro deste período histórico as invasións dos musulmáns en case toda a Península Ibérica, as incursións dos viquingos por todo o norte de Europa, e a fundación do Imperio Carolinxio e do Sacro Imperio Romano Xermánico. Tamén destacan os esforzos do Imperio Bizantino, antes Imperio Romano de Oriente, por reconquistar Italia, e a creación dos Estados Pontificios.

Cronoloxía destacada:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para altomedieval.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]