Saltar ao contido

Hemorraxia cerebral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hemorraxia cerebral
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Hemorraxia intracerebra
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Identificadores
Freebase/m/08g5q7 Editar o valor en Wikidata
MeSHD002543 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC50485 Editar o valor en Wikidata
CIE-11873092535 Editar o valor en Wikidata
CIE-9431 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777094939, C2992608659, C2993107136 e C3017656743 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

Unha hemorraxia cerebral (tamén chamada hemorraxia intracerebral, ICH) é un subtipo de hemorraxia intracranial, que se produce no cerebro. Pode ser causado por un trauma cerebral ou espontaneamente pode ocorrer nun accidente.[1]

Unha hemorraxia cerebral é unha hemorraxia intra-axial, é dicir, que se produce dentro do tecido cerebral[1] e que non pasa fóra del. A outra categoría de hemorraxia intracranial son as hemorraxias extra-axiais, tales como os hematomas epidural, e subdural, e a hemorraxia subaracnoide, que ocorren dentro da cabeza, pero fora do tecido cerebral. Son unha seria urxencia médica porque poden incrementar a presión intracranial que si non se trata pode levar ao coma e a morte. A taxa de mortalidade destas hemorraxias intraparenquimais é do 40%.[2]

Signos e síntomas

[editar | editar a fonte]

As áreas do cerebro afectadas pola hemorraxia son danadas e, se se acumula un volume suficiente de sangue no espazo extravascular, pódese provocar unha hipertensión intracranial; a contía da hemorraxia determina a gravidade deste accidente vasculocerebral agudo.

Xenericamente, os accidentes vasculares agudos que ocorren no cerebro son coñecidos xenericamente coa palabra latina ictus que significa golpe ou ataque súbito, e que en inglés se traduce por stroke (unha hemorraxia cerebral denomínase en inglés hemorrhagic stroke).

A palabra apoplexía, de orixe grega, designa en galego, e noutros idiomas, á abolición do funcionalismo cerebral (movemento, sensibilidade e conciencia) producida especialmente pola hemorraxia cerebral e pola embolia cerebral, que é o accidente que ocorre cando un vaso cerebral é bloqueado por un émbolo, nese caso o territorio irrigado pola arteria bloqueada queda desprovisto de sangue, converténdose de súbito nunha área isquémica.

En consecuencia, nos accidentes vasculocerebrales agudos convén distinguir fronte ao ictus hemorráxico ou hemorraxia cerebral (hemorrhagic stroke) o ictus isquémico (isquemic stroke) ou embolia cerebral. Como queira que a porción dun tecido do organismo privada de sangue polo bloqueo súbito dunha arteria coñécese xenericamente como infarto, a lesión que é consecuencia dunha embolia cerebral coñécese tamén como infarto cerebral.[1]

Escaneo tomográfico mostrando hemorraxia na fosa posterior

Factores de risco

[editar | editar a fonte]

Os factores de risco da hemorraxia cerebral son:[3]

É dúas veces máis prevalente en afroamericanos que en pacientes caucasianos.[4]

Tratamento

[editar | editar a fonte]

O tratamento depende substancialmente do tipo de ICH. Un escaneo tomográfico e outras medidas de diagnóstico utilízanse para determinar o tratamento adecuado, o cal pode incluír á vez medicación e cirurxía.

  1. 1,0 1,1 1,2 Yadav YR, Mukerji G, Shenoy R, Basoor A, Jain G, Nelson A (2007). "Endoscopic management of hypertensive intraventricular haemorrhage with obstructive hydrocephalus". BMC Neurol 7: 1. PMC 1780056. PMID 17204141. doi:10.1186/1471-2377-7-1.  (en inglés)
  2. Sanders MJ and McKenna K. 2001. Mosby’s Paramedic Textbook, 2nd revised Ed. Chapter 22, "Head and Facial Trauma." Mosby.
  3. Major Risk Factors for Intracerebral Hemorrhage in the Young Are Modifiable Edward Feldmann, MD; Joseph P. Broderick, MD; Walter N. Kernan, MD; Catherine M. Viscoli, PhD; Lawrence M. Brass, MD; Thomas Brott, MD; Lewis B. Morgenstern, MD; Janet Lee Wilterdink, MD Ralph I. Horwitz, MD. Published in Stroke. 2005;36:1881.(en inglés)
  4. Copenhaver BR, Hsia AW, Merino JG; et al. (outubro 2008). "Racial differences in microbleed prevalence in primary intracerebral hemorrhage". Neurology 71 (15): 1176–82. PMC 2676986. PMID 18838665. doi:10.1212/01.wnl.0000327524.16575.ca. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]