Bolsa de estudos Guggenheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Bolsas de estudos Guggenheim (en inglés: Guggenheim Fellowship) é un subsidio outorgado pola John Simon Guggenheim Memorial Foundation dende 1925 a profesionais avanzados en tódolos campos do saber (ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades e artes), excepto as artes escénicas. A fundación foi creada polo empresario, político e filántropo estadounidense Simon Guggenheim e a súa muller, Olga Hirsh, en memoria do seu fillo John, que faleceu en 1922 debido a unha mastoiditis.

As bolsas outórganse en dous concursos anuais:

Artes incluídas e excluídas[editar | editar a fonte]

Aínda que as artes escénicas están excluídas, os compositores, directores de cine e coreógrafos son elixibles. As bolsas de estudos non están abertas a estudantes nin a institucións, só a ''profesionais avanzados en media carreira'' como, por exemplo, autores publicados. As persoas que resulten elixidas e subsidiadas poden gastar o diñeiro libremente, xa que o propósito é outorgarlles ''bloques de tempo nos cales poidan traballar con tanta liberdade creativa como fora posible'', pero tamén deben estar ''suficientemente libres dos seus deberes regulares''. Requírese amais que os postulantes envien referencias así coma un currículum vítae e un portfolio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]