Efecto Compton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En mecánica cuántica, o efecto Compton, observado por Arthur Compton en 1923, consiste no aumento do lonxitude de onda (e diminución de enerxía) que ocorre cando interactúan fotóns (de raios X ou gamma) de enerxía entre 0,5 MeV e 3, 5MeV cos electróns dun material. O efecto Compton é orixinado pola dispersión de Compton, que é a dispersion inelástica dun fotón por unha partícula cargada, xeralmente un electrón. Parte da enerxía do fotón é transferida ao electrón en retroceso. Na dispersión inversa de Compton (ou Compton inversa) unha partícula cargada transfire parte da súa enerxía a un fotón.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.