Circuíto de Donington Park
| Circuíto de Donington Park | |
|---|---|
| Plano do Circuíto | |
| Datos | |
| Carreiras | |
| Localización | |
| Lonxitude | 4´023 |
| Curvas | 12 |
| Volta rápida (1993) | 1:18.029 |
| Piloto Record | |
| Escudería Record | McLaren |
| Coordenadas | 52°49′50″N 1°22′31″W / 52.83056°N 1.37528°W |
| Vista do Circuíto | |
Donington Park é un autódromo situado cerca do Castelo de Donington, no noroeste de Leicestershire, Inglaterra.
O trazado é propiedade de Tom Wheatcroft, un entusiasta automobilista millonario. Ocasionalmente, úsase para concertos e outros eventos non relacionados co deporte motor.
Durante varias tempadas acolleu á Fórmula 1. Unha das carreiras máis recordadas foi a do Gran Premio de Europa de 1993 gañada por Ayrton Senna. Dispón dunha tenda que trata sobre deportes de motor, gardando a memoria de Senna.
Na actualidade dispútanse neste circuíto o Campionato Británico de Turismos, a Fórmula 3 Británica, Campionato Británico de Resistencia, o campionato mundial de superbikes e o mundial de Moto GP. O circuíto tamén alberga un museo, onde se pode apreciar a "colección do Grand Prix de Donington", o cal foi aberto en 1973 e contén a maior colección de coches de Grand Prix do mundo.
Ten unha gran revelancia, e é que favorece a realización de concertos e festivais de rock nas súas instalacións, albergando eventos como Monsters of Rock a finais dos 1980 e principios dos 1990, cando grupos como AC/DC, Aerosmith, Metallica, Guns n' Roses e Iron Maiden tocaron alí.
No ano 2001 foi a sede da presentación da agrupación Stereophonics (A Day at the Races), Ozzfest en 2002 e Download Festival en 2003.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Donington Park [editar]
| Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1993 | McLaren-Ford | 1:50:47,4 h | 4´023 km | 76 | 165´603 km/h | 11 . Abril |