Coventry Climax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coventry Climax
Tipo Privada
Fundación 1903 - 1986
Localización Coventry Inglaterra
Industria Automóbil
Produtos Especialidade maquinaria e a fabricación de motores


Coventry Climax é o nome co que tamén é coñecida a compañía británica Climax que se dedicaba principalmente á fabricación de motores de automóbil, ademais de xeradores, motobombas e montacargas.

Historia[editar | editar a fonte]

Coventry Climax foi fundada no ano 1903 por H. Pulham Le, un antigo traballador de Daimler que creou a empresa para construír motores de combustión co nome de Coventry Simplex.

Xa na preguerra os motores Coventry utilizábanos varias marcas de automóbiles como Morgan Motor Company, Triumph, Swift e outros.

Coa crise financeira de 1930, especialmente co peche de Swift en 1931, Coventry quedou cunha gran cantidade de motores almacenados. O señor Le deixou a compañía en mans do seu fillo Leonard Le, quen decidiu cambiar o nome a Coventry Climax e converter os motores almacenados en xeradores, dando á compañía a oportunidade de entrar nunha nova área.

En 1937 empezou a producir motobombas e conseguiron un bo recoñecemento por poder traballar longos períodos de tempo debido ao seu bo deseño e a súa construción de calidade. Tras a II Guerra Mundial varios construtores empezaron a utilizar motores Coventry Clan, Hillman, Kieft, Lotus, Cooper e TVR

No ano 1949 diversificou e pasou a construír tamén motores diesel para uso mariño, montacargas, etc.

No ano 1990 a empresa pechou as súas portas.

Na F1[editar | editar a fonte]

O 1.5L FWMV V8, instalado nun coche Lotus 24 de Formula 1.

Coventry Climax debutou na oitava tempada da historia da Fórmula 1 disputando o 19 de maio o GP de Mónaco da tempada de 1957.

Coventry Climax gañou un total de catro títulos mundiais cos equipos Cooper e Lotus.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coventry Climax Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]