Jackie Stewart
| Jackie Stewart | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1965 - 1973 |
| Escudería(s) | BRM, Tyrrell |
| Grandes Premios disputados | 100 (99 saidas) |
| Campionatos | 3 (1969, 1971 e 1973) |
| Vitorias | 27 |
| Podios | 43 |
| Pole positions | 17 |
| Voltas rápidas | 15 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Sudáfrica de 1965 |
| Primeira vitoria | Gran Premio de Italia de 1965 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Alemaña de 1973 |
| Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1973 |
Sir John Young Stewart OBE (nado en Milton o 11 de xuño de 1939) é un ex piloto do Reino Unido. Triplo campión do mundo de Fórmula 1 e considerado un dos mellores pilotos na historia do deporte.
Carreira [editar]
Stewart comezou a súa carreira nas carreiras de F1 en BRM, e logo foise ao novo equipo Matra en 1968. Ao ano seguinte gañou o seu primeiro título mundial.
En 1970 foi a Tyrrell, onde gañou dous títulos mundiais, en 1971 e 1973. Obtivo 27 vitorias na Fórmula 1. Ese era o mellor rexistro na categoría, ata que en 1987, o francés Alain Prost gañou o Gran Premio de Portugal e e bateu a marca do escocés.
Foi un dos primeiros pilotos en exigir máis seguridade na Fórmula 1. Todo comezou cun grave accidente que sufriu en 1966 no circuíto de Spa-Francorchamps. Unha tormenta no circuíto, deixou só seca a grella de saída. Na velóz "recta Masta", o BRM de Stewart trompeou e estrelouse contra unha gabia, él ficou preso no coche co mono empapado de gasolina, mentres que Graham Hill e Bondurant intentaban desaparafusar o volante co fin de retirar a Stewart do interior do monocasco danado. A partir de aí, dixo que non correría no equipo se non se tiña en conta a seguridade no seu coche. Foi el quen deseñou o casco que cobre toda a cabeza do piloto e os monos ignífugos. Chegou a ser ridiculizado por aqueles que pensaban que as carreiras debían ser un deporte de risco. Era coñecido como o home tembleque. Sete anos despois en 1973 durante a práctica da clasificación no circuíto de Watkins Glen no Gran Premio de Estados Unidos, un feito fixo que Jackie Stewart deixara á competición. O seu compañeiro en Tyrrell, o piloto francés François Cevert tivo un grave accidente, o vehículo saiu da pista, golpeou no garda rail do lado dereito e rebotou no garda rail da esquerda, emborcou, e cas rodas virando cara o ceo se arrastrou boca abaixo máis de cen metros, foi decapitado e morreu instantaneamente. Profundamente afectado coa morte de François Cevert, Jackie Stewart decidiu abandonar definitivamente a Fórmula 1.
En 1997, fundou o seu equipo, o Stewart. Os mellores resultados do equipo foron a vitoria de Johnny Herbert no Gran Premio de Europa, disputado no circuíto de Nürburgring o 26 de setembro de 1999, e a pole conquistad por Rubens Barrichello no Gran Premio de Francia do mesmo ano. Este ano o equipo acadou a mellor posición no Campionato de Construtores: 4º lugar. A finais de 1999, sumido en débedas, vendeu o seu equipo á Jaguar.
A día de hoxe, Jackie Stewart é recordado polos seus logros na Fórmula 1.
Resultados Completos en Fórmula 1 [editar]
Carreiras en negra indica pole position, carreiras en italica indica volta rápida
- Gañador do BRDC International Trophy en 1965 e 1973.
| Predecesor: Graham Hill |
Campión da Fórmula 1 1969 |
Sucesor: Jochen Rindt |
| Predecesor: Jochen Rindt |
Campión da Fórmula 1 1971 |
Sucesor: Emerson Fittipaldi |
| Predecesor: Emerson Fittipaldi |
Campión da Fórmula 1 1973 |
Sucesor: Emerson Fittipaldi |