Xurxo VI do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurxo VI

Xurxo VI (Albert Frederick Arthur George) (14 de decembro de 1895 - 6 de febreiro de 1952) foi o terceiro monarca británico do Palacio de Windsor, de 1936 ata a súa morte, en 1952. Foi aínda o derradeiro Emperador da India, ata 1947. Era fillo do rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck. Xurxo VI, ata entón Duque de York, subiu ao trono após a abdicación do seu irmán máis vello Eduardo VIII. Casou con Elizabeth Bowes-Lyon en 1923, con quen tivo dúas fillas: a Raíña Sabela II, que casou con Filipe, Duque de Edimburgo e a Princesa Margarida, que casou con Lord Snowdon e se divorciou máis tarde.