Escaravellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escaravello
Chrysomelidae 082. Escaravello en Bastavales, Brión. Marzo.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Superorde: Neoptera
Orde: Coleoptera

Os escaravellos son os insectos da orde coleópteros. A orde Coleoptera ten máis especies que calquera outra orde en todo o reino animal, seguido polas bolboretas, abellas, avespas, e moscas. O 40% de todas as especies animais son escaravellos.

As alas dianteiras do escaravello transfórmanse en duros escudos, chamados élitros. Estes forman unha armadura que protexe a parte posterior do tórax, incluído o segundo par de alas, e o abdome. As alas anteriores non as usa no voo, mais deben (na maioría das especies) ser levantadas para poder usar as alas traseiras. Logo de aterrar, as alas traseiras gárdanse baixo dos élitros. A maioría dos escaravellos poden voar, mais poucos atinxen a destreza doutros grupos, como por exemplo as moscas, e moitas especies só voan se é absolutamente necesario. Algúns escaravellos teñen os élitros soldados e non poden voar.

Os escaravellos pódense encontrar na maioría dos ambientes, incluídos os de auga doce, aínda que a súa presenza en ambientes mariños é mínima.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Na historia das relixións e a mitoloxía o escaravello (particularmente o chamado "escaravello sagrado") tivo algún lugar polo menos interesante: os 'rome' (antigos exipcios) considerábano un 'exemplo' da vida eterna, dado que, supuñan, ese escaravello (ao que chamaban 'khopirru' ou 'hopirru') 'resucitaba' da 'pelota' de barro que facía; o certo é que o escaravello sagrado pon os seus ovos nesa pelota e alí nace. Por este motivo os antigos exipcios situaban sobre o corazón das momias unha imitación do escaravello. Cando o cristianismo se difundiu no Val do Nilo, a cristiandade copta realizou interesantes asimilacións sincréticas da relixión precedente, e, así como adoptou o "ankh", (anh, anj ou cruz ansada), tamén adoptou -como alegoría- o 'khopirru',asimilándoo metaforicamente a Xesucristo, ao que chamaban "O Bo Escaravello". É por isto que nalgún que outro texto medieval se podesencontrar a curiosa expresión "bonus scarabæus" en alusión a Cristo.

Citas[editar | editar a fonte]

Preguntado J.B.S. Haldane sobre que descubrira acerca da natureza do Creador estudando a súa obra: “Unha afección desordenada polos escaravellos”.

Etnografía[editar | editar a fonte]

  • Ao escaravello, os seus fillos parécenlle ouro fino. O que fixer de min escaravello, non farei del espello[1].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=escarabello&tipo_busca=lema

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escaravellos

Outros artigos[editar | editar a fonte]