Victoria, Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitoria
Victoria

Flag of Victoria (Australia).svg

Bandeira do estado

Escudo de armas

VIC in Australia map.png

Capital

Melbourne

Gobernador

David de Kretser (Actual Gobernador)

Presidente

John Brumby (ALP)

Área
Terra
Auga
Total


227.416 km²
10.213 (4,3%) km²
237.629 (6º) km²

Poboación
(xuño 2007)
Densidade

5.205.200 (2º)

22,92 hab./km² (2º)

Zona horaria

UTC+10 (agás durante daylight saving timeUTC+11)

Punto máis alto

Monte Bogong (1.986 m)

Código ISO 3166-2:

AU-VIC

Victoria[1] ou Vitoria[2] é o estado máis pequeno de Australia, sen contar con Tasmania. Atópase no sueste do continente. A súa poboación estímase en 5 millóns, coa maior densidade do país. A súa capital é Melbourne no fondo da baía de Port Phillip. Ocupa a franxa costeira adxacente ao estreito de Bass, fronte á illa de Tasmania.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois de que se fundase a colonia de Nova Gales do Sur en 1788, o continente australiano foi dividido en dúas partes, a oriental pasou a chamarse Nova Gales do Sur e a occidental Nova Holanda. Baixo a administración colonial de Sydney, creouse o primeiro asentamento en Vitoria, Portland. Melbourne fundouse en 1835.

En 1851 descubriuse ouro en Ballarat. Co paso do tempo fóronse realizando máis descubrimentos ao longo de toda Vitoria. As minas eran tan importantes, que a poboación e a economía creceron desmesuradamente. Ese mesmo ano concedeuse a independencia de Nova Gales do Sur. En 1901 Vitoria deixou de ser colonia e converteuse en Estado de Australia. Melbourne foi a capital mentres se construía Canberra.

Goberno[editar | editar a fonte]

A forma política está recollida na Constitución de 1855, aínda que foi emendada en varias ocasións. Desde a unión a Australia, as relacións entre Vitoria e os demais estados están reguladas pola Constitución de Australia.

O sistema usado é o de Westminster. un goberno parlamentario baseado no modelo do Reino Unido. O poder lexislativo radica no Parlamento de Vitoria, que está composto pola coroa (representada polo gobernador) e por dous cámaras.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Vitoria baséase nas minas de ouro e carbón así como nas extraccións de petróleo. Fóra de Melbourne, onde predominan as manofacturas, o resto do territorio está dedicado á agricultura e a gandería, especialmente a ovina.

Xeoloxía e xeografía[editar | editar a fonte]

A fronteira norte de Vitoria é a ribeira meridional do río Murray. Ao oeste atópase Australia Meridional. Hai moitas diferenzas topográficas, xeolóxicas e climáticas, desde o tépedo e húmeno clima de Gippsland ata os Alpes de Vitoria onde os picos de ata 2 mil metros de altitude están cubertos por unha capa de neve. Ao noroeste atópanse planicies semidesérticas.

Hai varios sistemas fluviais en Vitoria debido ás importantes precipitacións. O máis importante é o río Murray, aínda que tamén son destacables os ríos Ovens, King, Campaspe, Loddon, Wimmera, Elgin, Barwon, Thompson, Snowy, Latrobe, Yarra, Maribyrnong, Mitta e Kiewa.

Melbourne reúne a case o 70% da poboación total dominando á súa vez a economía, os medios de comunicación e a cultura.

Cambio climático[editar | editar a fonte]

Echuca: Temperatura diaria media do aire en casa meteo, de 1881 a 1992; en NASA

É remarcable, que a Estación Meteorolóxica local posúe datos de termometría do aire, a 15 dm do chan, desde 1881 a 1992, sen acceso á "mancha de calor" urbana, clásica doutras Estacións invadidas pola illa de calor da urbanización.

Turismo[editar | editar a fonte]

Os destinos turísticos máis importantes son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. p. 120. ISBN 84-9749-199-8. http://www.udc.es/publicaciones/documentos/biblioteca/CriteriosParaUsoDaLingua.pdf.