Imago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Última muda dunha cicádida na que se orixina un imago alado.

En bioloxía, o imago é o último estadio polo que pasa un insecto durante a súa metamorfose, que é o seu proceso de crecemento e desenvolvemento. Tamén se chama estadio imaxinal, o estadio no que o insecto chega á súa madurez. A fase de imago é a que segue á écdise final dos instars inmaduros.[1]

Nos membros dos Ametábolos e Hemimetábolos, nos cales a metamorfose é "incompleta", a écdise final prodúcese despois do último estadio inmaduro ou ninfa. En insectos Holometábolos, nos cales hai un estadio pupal, a écdise final segue á emerxencia da pupa, despois do cal a metamorfose é completa, aínda que hai un período prolongado de maduración nalgunhas especies.[2]

O imago é o único estadio durante o cal o insecto é sexualmente inmaduro e, se este é unha especie alada, ten ás funcionais. O imago xeralmente se denomina estadio adulto.[1]

Os membros da orde dos Ephemeroptera non teñen estadio de pupa, pero pasan brevemente por un estadio extra alado chamado subimago. Os insectos neste estadio teñen ás funcionais pero non son aínda sexualmente maduros.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Imago en latín significa 'imaxe'. O plural latino é imagines, pero úsase xeralmente o plural normal imagos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Carpenter, Geo. H., The Life-Story of Insects. Cambridge University Press 1913. May be downloaded from: https://www.gutenberg.org/ebooks/16410 or https://archive.org/details/thelifestoryofin16410gut
  2. Richards, O. W.; Davies, R.G. (1977). Imms' General Textbook of Entomology: Volume 1: Structure, Physiology and Development Volume 2: Classification and Biology. Berlin: Springer. ISBN 0-412-61390-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]