Mioceno
O Mioceno é unha división da escala temporal xeolóxica, a cuarta época xeolóxica da era cenozoica e a primeira época do período neóxeno.
Comezou hai 23,03 millóns de anos e terminou hai 5,332 millóns de anos.[1][2] Neste período continuou a elevación de cordilleiras como os Pireneos, os Alpes e o Himalaia. A erosión favorecida por estas oroxéneses orixinou sedimentos e depósitos de petróleo en zonas que eran concas mariñas de pouca profundidade. A temperatura era máis baixa que a actual, e se orixinaron as masas de xeo na Antártida.
As plantas e os animais do mioceno eran bastante modernos. O nome de mioceno procede das palabras gregas μείων meiōn 'menos', e καινός kainós 'novo', é dicir, 'menos novo', aludindo a que presenta un 18 % menos de invertebrados mariños modernos que o Plioceno. Os mamíferos e as aves estaban ben establecidos. Proliferaron as especies de mamíferos, entre eles os rinocerontes, o gato, o camelo e o cabalo coas súa formas máis primitivas; entre estes están incluídos os grandes simios, que ademais de África, vivían en Asia e no sur de Europa. Nos mares, proliferaron baleas e focas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mioceno |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tectónica de Placas. Mioceno (en castelán) Consultada o 29/11/2012.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |