Saltar ao contido

Scarabaeus sacer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scarabaeus sacer, o escaravello sagrado,[1] é unha especie de escaravello da familia dos escarabeidos e é a especie tipo do seu xénero.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Scarabaeus sacer foi descrito por Carl Linnaeus na súa obra de 1758 Systema Naturae (10ª edición), a obra pioneira da nomenclatura zolóxica. É considerado a especie tipo do xénero Scarabaeus, malia que hai algunha controversia sobre unha posible designación do tipo do ano 1810 de Latreille,[2] que foi resolta por unha resolución da Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica de 2014, que aceptou a designación de Hope's de 1837 de S. sacer como tipo en vez da designación de Latreille de 1810 de Dynastes hercules.[3]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Scarabaeus sacer vive en dunas costeiras e marismas arredor da cunca do Mediterráneo. Pode encontrarse no norte de África, sur de Europa e partes de Asia (Afganistán, Córsega, Chipre, Exipto, Etiopía, Francia, Irán, Israel, Italia, Marrocos, Sardeña, Sicilia, España, Sudán e Siria).[4][5] Na Camargue Scarabaeus sacer é case exclusivamente costeiro e vive só en dunas e marismas costeiras.[6]

Scarabaeus sacer. Espécimes montados.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A cabeza de Scarabaeus sacer ten un conxunto distintivo de seis proxeccións, que parecen raios.[7] As proxeccións son uniformes con catro ou máis proxeccións en cada tibia das patas anteriores, creando un arco de catorce raios (ver ilustración). Funcionalmente as proxeccións son adaptacións para escavar e para darlle forma á bóla de excrementos.

Igual que as patas anteriores doutros escaravellos deste xénero, pero a diferenza dos escaravellos peloteiros da maioría dos outros xéneros, as patas anteriores de Scarabaeus sacer non son comúns; non acaban en ningún tarso recoñecible ou pé que leva as garras.[8] Só hai unha estrutura vestixial con forma de garra que podería ser dalgunha axuda para escavar. As patas medias e posteriores de Scarabaeus teñen tarsos de 5 segmentos normais ben desenvolvidos, pero as patas anteriores están especializadas para a escavación e para formar bólas de excrementos.

Ciclo vital e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Scarabaeus sacer facendo rodar unha bóla de excrementos

Entre as especies coprófagas de escaravellos, Scarabaeus sacer é típico dos que fan bólas de excrementos (ver escaravellos peloteiros). Levan as bólas rodando a lugares axeitados, onde escavan unha cámara subterránea na cal agochan a bóla. Despois comen a bóla durante varios días.

Cando a femia está lista para a reprodución, selecciona excrementos de textura fina para facer con eles a súa bóla para a reprodución e escava unha cámara especialmente profunda e grande para ela. Dálle á cámara forma de pera cunha cavidade oca na parte estreita. Nesa cavidade pon un só ovo grande. Seguidamente sela a cavidade e marcha do lugar para repetir o proceso noutra parte. Tipicamente unha femia con éxito de Scarabaeus sacer produce só aproximadamente media ducia de crías na súa vida.[9] As larvas aliméntanse da bóla de excrementos unha vez que saen do ovo.

Scarabaeus sacer é o hóspede do ácaro forético Macrocheles saceri.[10]

Historia e cultura

[editar | editar a fonte]
Relevo gravado dun cartucho que representa a Tutmose III no muro do Recinto de Amón-Ra, Karnak no que aparece un escaravello sagrado

Scarabaeus sacer é o máis famoso dos escarabeidos.[11] Para os antigos exipcios S. sacer era un símbolo de Khepri, a manifestación da mañanciña do deus sol Ra, por unha analoxía entre o comportamento do escaravello de facer rodar o bóla de excrementos polo chan e a tarefa de Khepri de facer rodar o Sol polo ceo.[12] En consecuencia, consideraban que esta especie era sagrada.[13]

Os exipcios tamén observaron como emerxían os escaravellos xoves da bóla, do cal inferiron erradamente que o macho podía reproducirse se necesidade da femia, simplemente inxectando o seu esperma na bóla. Por iso, estableceron un paralelismo co seu deus Atum, que tamén enxendrou fillos por si só.[12]

Scarabaeus sacer foi a especie que primeiro suscitou o interese de William Sharp Macleay e encamiñouno á carreira de entomoloxía.[14]

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2018-07-10. Consultado o 2022-10-24. 
  2. Tristão Branco (2007). "Scarabaeoidea (Coleoptera) of Portugal: genus-group names and their type species" (PDF). Zootaxa 1453: 1–31. doi:10.11646/zootaxa.1453.1.1. 
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2019-04-04. Consultado o 2022-10-24. 
  4. Zicha, Ondrej. "BioLib: Biological library". www.biolib.cz. 
  5. "Scarabaeidae. Scarab beetles; Scarabs; Dung beetles; Flower beetles; Rain beetles; Tumblebugs". Discover Life. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  6. Jorge Miguel Lobo; Jean-Pierre Lumaret; Pierre Jay-Robert (2001). "Diversity, distinctiveness and conservation status of the Mediterranean coastal dung beetle assemblage in the Regional Natural Park of the Camargue (France)" (PDF). Diversity and Distributions 7 (6): 257–270. doi:10.1046/j.1366-9516.2001.00122.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de setembro de 2011. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  7. George Long, ed. (1836). "On the sacred animals of Egypt". The British Museum: Egyptian antiquities, Volume 2. Knight. pp. 286–319. 
  8. Arrow, Gilbert John, 1873-1948. Coleoptera: Lamellicornia part 1. Publisher: Londres, Taylor and Francis. 1910. Download from: [1]
  9. Fabre, J. Henri. "Translated by Alexander Teixeira de Mattos; The Sacred Beetle and Others. Dodd, Mead, New York, 1918". 
  10. G. W. Krantz (1998). "Reflections on the biology, morphology and ecology of the Macrochelidae". Experimental and Applied Acarology 22 (3): 125–137. PMID 9519465. doi:10.1023/A:1006097811592. 
  11. Maurice Burton; Robert Burton (2002). "Scarab beetle". Volume 16. The International Wildlife Encyclopedia (3rd ed.). Marshall Cavendish. pp. 2252–2254. ISBN 978-0-7614-7282-7. 
  12. 12,0 12,1 Pat Remler (2010). "Scarab beetle". Egyptian Mythology A to Z (3rd ed.). Infobase Publishing. pp. 169–171. ISBN 978-1-60413-926-6. 
  13. Eggleton, Paul (2020). "The State of the World's Insects". Annual Review of Environment and Resources 45: 61–82. doi:10.1146/annurev-environ-012420-050035. 
  14. Robert Patterson (1838). "Letter V. Order Coleoptera". Letters on the natural history of the insects mentioned in Shakspeare's plays, with incidental notices of the entomology of Ireland. W. S. Orr & Co. pp. 63–76. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Scarab". Encyclopædia Britannica 24 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 301.