Camuflaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Bothus mancus pode cambiar o patrón e as cores para camuflarse coa súa contorna.
Un soldado poñendo pintura de camuflaxe na cara.

A camuflaxe é o emprego de combinacións de materiais, cores ou iluminacións co obxectivo de agochar ou querer facer que obxectos e animais sexan difíciles de ver (cripse), ou aparentando ser algo diferente (mimetismo). Entre os exemplos máis destacados están a pelaxe de manchas do leopardo, o equipamento dun soldado moderno e os insectos con formas da natureza, como follas e paus.[1] A maioría dos métodos de camuflaxe perseguen a cripse, moitas veces a través dunha semellanza xeral co fondo, unha cor disruptiva de alto contraste, eliminando a sombra, e a contracoloración. En océanos abertos, onde non hai fondo co que camuflarse, os principais métodos de camuflaxe son a transparencia e as cores prateadas, mentres que a bioluminescencia está entre as habilidades de contrailuminación de cefalópodos como os téutidos. Algúns animais, como os camaleóns e os polbos, son quen de cambiar activamente o patrón da súa pel e as cores, ben para camuflaxe ou sinalización.

A camuflaxe militar foi estimulada polo aumento do alcance e precisión de armas de fogo no século XIX. Máis concretamente, a substitución do impreciso mosquete polo fusil fixo da ocultación en batalla unha habilidade de supervivencia. No século XX, a camuflaxe militar desenvolveuse axiña, especialmente durante a primeira guerra mundial. Artistas como André Mare deseñaron esquemas de camuflaxe e postos de observación que semellaban árbores.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forbes, 2009. pp. 50–51 and passim.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]