Protocoleópteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Protocoleoptera»)
Protocoleópteros
Rango fósil: Asseliense-Anisiano
Erro de expresión: Operador "<" inesperado.

Erro de expresión: Operador "<" inesperado.


(A, B) Moravocoleus permianus (Tshekardocoleidae) (C,D) Permocupes sojanensis (Permocupedidae) (E) Tshekardocoleidae, Sylvacoleus richteri (F) Taldycupedidae, Taldycupes reticulatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: † Protocoleoptera
Tillyard, 1924[1]
Familias

Ver texto

Os protocoleópteros (Protocoleoptera) son un grupo parafilético de escaravellos extintos, que contén as primeiras e máis primitvas liñaxes de escaravellos. Representan o grupo dominante de escaravellos do Permiano, pero foron en gran medida substituídos polos escaravellos modernos durante o período seguinte, o Triásico. Os protocoleópteros posúen caracteristicamente cabezas prognatas (horizontais), uns élitros distintivos con punteaduras regulares, cutículas con tubérculos ou escalas, así como un padrón primitivo de escleritos ventrais, similar ao das modernas familias de arcostematos Ommatidae e Cupedidae. Pénsase que eran xilófagos e perforaban a madeira.[2][3]

Kirejtshuk et al. (2014) argumentou que o nome "Protocoleoptera" non se debería usar para o grupo, xa que Protocoleoptera Tillyard, 1924 foi orixinalmente proposto para a familia Protocoleidae Tillyard, 1924, agora considerada membro da orde extinta dos Protelytroptera (un grupo troncal dos modernos Dermaptera, cadelas de frade).[4] Debido a isto, Cai et al. (2022) propuxeron recentemente un cambio do nome polo de Alphacoleoptera Engel, Cai & Tihelka, 2022 (alfacoleópteros).[5] En Kirejtshuk (2020), os escaravellos extintos incluídos en Protocoleoptera auctorum, non Tillyard, 1924 foron situados dentro da suborde Archostemata.[6]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Sobre o esquema taxonómico dos grupos dos primeiros coleópteros non hai aínda consenso, existindo varios esquemas de clasificación propostos para os clados de maior nivel dentro do grupo troncal.[5][7] Xeralmente hai acordo en que os Tshekardocoleidae son o primeiro grupo que diverxeu entre as principais familias.[2][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tillyard, R.J. (1924). "Upper Permian Coleoptera and a new order from the Belmont Beds, New South Wales". Proceedings of the Linnean Society of New South Wales 49: 429–435. 
  2. 2,0 2,1 Zhao, Xianye; Yu, Yilun; Clapham, Matthew E; Yan, Evgeny; Chen, Jun; Jarzembowski, Edmund A; Zhao, Xiangdong; Wang, Bo (2021-11-08). Perry, George H; Fikacek, Martin, eds. "Early evolution of beetles regulated by the end-Permian deforestation". eLife 10: e72692. ISSN 2050-084X. doi:10.7554/eLife.72692. 
  3. Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Davies, Anthony E.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (Pensoft Publishers) (88): 1–972. ISSN 1313-2989. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  4. Alexander G. Kirejtshuk; Markus Poschmann; Jakub Prokop; Romain Garrouste; André Nel (2014). "Evolution of the elytral venation and structural adaptations in the oldest Palaeozoic beetles (Insecta: Coleoptera: Tshekardocoleidae)". Journal of Systematic Palaeontology 12 (5): 575–600. doi:10.1080/14772019.2013.821530. 
  5. 5,0 5,1 Cai, C.; Tihelka, E.; Giacomelli, M.; Lawrence, J.F.; Ślipiński, A.; Kundrata, R.; Yamamoto, S.; Thayer, M.K.; Newton, A.F.; Leschen, R.A.B.; Gimmel, M.L.; Lü, L.; Engel, M.S.; Bouchard, P.; Huang, D.; Pisani, D.; Donoghue, P.C.J. (2022). "Integrated phylogenomics and fossil data illuminate the evolution of beetles". Royal Society Open Science 9: 211771. doi:10.1098/rsos.211771. 
  6. Kirejtshuk, Alexander G. (2020-02-17). "Taxonomic Review of Fossil Coleopterous Families (Insecta, Coleoptera). Suborder Archostemata: Superfamilies Coleopseoidea and Cupedoidea". Geosciences 10 (2): 73. Bibcode:2020Geosc..10...73K. ISSN 2076-3263. doi:10.3390/geosciences10020073. 
  7. 7,0 7,1 Boudinot, Brendon Elias; Yan, Evgeny Viktorovich; Prokop, Jakub; Luo, Xiao‐Zhu; Beutel, Rolf Georg (2022-07-28). "Permian parallelisms: Reanalysis of †Tshekardocoleidae sheds light on the earliest evolution of the Coleoptera". Systematic Entomology (en inglés): syen.12562. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12562. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.