Ambrosia artemisiifolia
Ambrosia artemisiifolia | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||
G5[1] | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Ambrosia artemisiifolia é unha especie de planta da familia das asteráceas nativa de rexións de toda América.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]O nome da especie, artemisiifolia, déuselle porque as follas desta planta lembran as das Artemisia.[2][4]
Distribución
[editar | editar a fonte]A planta é nativa de América do Norte dende o Canadá e Alasca ao leste e centro dos Estados Unidos, as Grandes pradeiras, e no Caribe en Cuba, A Hispaniola e Xamaica; ata América do Sur na biorrexión sur (Arxentina, Chile, Paraguai, Uruguai), e na biorrexión oeste (Bolivia, Perú) e no Brasil.[2][5][6][7] A distribución desta planta en Europa espérase que se espalle no futuro debido ao cambio climático.[8]
É a especie máis estendida destre xénero en América do Norte, onde a maioría das outras especies de Ambrosia son endémicas. Durante o verán causa alerxia en persoas susceptibles.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ambrosia artemisiifolia é unha planta anual que agroma ao final da primavera. Pode progagarse por rizomas ou por sementes.[4]
Ten moitas ramas e crece ata ter 70 cm de altura.[9] As follas divididas en pinnas e pelosas son de 3 a 12 cm de lonxitude.[9]
O seu periódo de floración é de xullo a outubro en América do Norte.[9] O pole é dispersado polo vento e pode ser moi alerxénico para persoas con febre do feo.[4][10]
Produce froitos de verdes a marróns de 2–4 mm obcónicos (forma de cono invertido).[9] Forma sementes ao final do verán ou outono. Como as sementes persisten durante o inverno e son numerosas e ricas en aceite, son do gosto de diversas aves.[4]
Especie invasora
[editar | editar a fonte]Ambrosia artemisiifolia é unha especie invasora moi esendida e pode converterse nunha nociva mala herba, que se naturalizou en: Europa; a Asia temperada e o subcontinente indio; norte e sur da África temperada e en Macaronesia; Oceanía en Australia, Nova Zelandia e Hawai; e no suroeste de América do Norte en California e outras zonas do suroeste dos Estados Unidos.[2][9][11][12][13][14][15][16] Un estudo científico que investigou as bases xenómicas da súa invasividade en Europa, onde se introduciu no século XIX, resecuenciou 655 xenomas da planta, incluíndo 308 espécimes de herbario recollidos hai 190 anos.[17] Nas poboacións europeas invasivas, o estudo atopou que había unha selección de sinaturas en xenes defensivos e unha baixa frecuencia de patóxenos que induzan enfermidades nesta planta. Xunto cos cambios temporais na estrutura da poboación asociados coa introgresión desde especies estreitamente relacionadas de Ambrosia, a capacidade de escapar de inimigos microbianos específicos probablemente favareceu o seu salientable éxito como especie invasora.
É unha mala herba moi competitiva e pode producir unha perda de rendemento nas colleitas de soia de ata o 30%. Controlala labrando a terra pola noite reduce a súa aparición nun 45%. A rotación de cultivos de cereais tamén a suprime se son sobresementadas con trevo. Doutro modo, a planta crece e madura, producindo sementes no restroballo do cereal.
Métodos de control
[editar | editar a fonte]En 2005 varios herbicidas probaron ser efectivos contra a A. artemiifolia, aínda que se sabe que existen poboacións resistentes.[18] En 2007 varias poboacións mostraron resistencia ao glifosato pero só nos Estados Unidos.[19]
En 2014 o escaravello Ophraella communa apareceu ao sur dos Alpes no sur de Suíza e norte de Italia. Moitas das A. antemisiifolia que foron atacadas por el quedaron completamente defoliadas.[20] O escaravello Zygogramma suturalis foi introducido en Rusia e despois na China para o control desta planta, con resultados iniciais moi positivos.
SMARTER é unha rede de expertos europea interdisciplinar implicada no control desta planta, profesionais sanitarios, aerobiólogos, ecoloxistas, economistas e modeladores atmosféricos e agrícolas.[21]
Composición química e usos
[editar | editar a fonte]Sesquiterpeno lactonas moluscicidas
[editar | editar a fonte]Illáronse tres sesquiterpeno lactonas das partes aéreas de Ambrosia artemisiifolia, identificados como psilostaquina A, psilostaquina B e psilostaquina C. As tres teñen certa actividade moluscicida contra o pequeno caracol tropical de auga doce Oncomelania hupensis.[22]
Medicinal
[editar | editar a fonte]Ambrosia artemisiifolia foi usada tradicionalmente como planta medicinal por tribos de indios nativos americanos, como os cherokees, lakotas, iroqueses, dakotas e delawares.[23]
Fitorremediación
[editar | editar a fonte]Ambrosia artemisiifolia é utilizada en proxectos de fitorremediación para corrixir a contaminación do solo, porque elimina metais pesados como o chumbo dos solos contaminados.[24]
Galería
[editar | editar a fonte]-
A planta vista a distancia
-
Detalle dunha folla
-
Inflorescencia (capítulos masculinos)
-
Detale dos capítulos masculinos
-
Flores femininas na axila das follas
-
Aquenios
-
Gran de pole (microscopio electrónico de varrido)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NatureServe Explorer - Ambrosia artemisiifolia". NatureServe Explorer Ambrosia artemisiifolia. NatureServe. 2022-06-22. Consultado o 22 Jun 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ambrosia artemisiifolia". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (USDA). Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ Calflora: Ambrosia artemisiifolia
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 NPIN−Lady Bird Johnson Wildflower Center Native Plant Information Network: Ambrosia artemisiifolia
- ↑ Bonap.net: Biota of North America Program county distribution map (2014)
- ↑ Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Catálogo de la Flora Vascular de Venezuela 1–859. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
- ↑ Jørgensen, P. M., M. H. Nee & S. G. Beck. (eds.) 2015 en adelante. Catalogo de las plantas vasculares de Bolivia (adiciones).
- ↑ Rasmussen, Karen; Thyrring, Jakob; Muscarella, Robert; Borchsenius, Finn (16 de marzo de 2017). "Climate-change-induced range shifts of three allergenic ragweeds ( L.) in Europe and their potential impact on human health". PeerJ 5: e3104. PMC 5357339. PMID 28321366. doi:10.7717/peerj.3104.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Jepson eFlora (TJM2): Ambrosia artemisiifolia . Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ Newscientist.com: "North American ragweed to bring autumn allergy misery to Europe."
- ↑ Flora of North America Vol. 21 Page 15 Ambrosia artemisiifolia Linnaeus, Sp. Pl. 2: 988. 1753.
- ↑ Flora of China Vol. 20-21 Page 876, 877 豚草 tun cao Ambrosia artemisiifolia Linnaeus, Sp. Pl. 2: 988. 1753.
- ↑ Altervista.org: Flora Italiana − Ambrosia artemisiifolia L.
- ↑ Atlas of Living Australia: Ambrosia artemisiifolia (Annual Ragweed)
- ↑ "INRA – The common ragweed". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 24 de febreiro de 2023.
- ↑ Circabc.europa.eu; Final report: "EC Assessing and Controlling the spread and the effects of Common ragweed in Europe"
- ↑ Bieker, Vanessa; et al. (2022). "Uncovering the genomic basis of an extraordinary plant invasion". Science Advances 8 (34): eabo5115. doi:10.1126/sciadv.abo5115. Consultado o 30 de agosto de 2022.
- ↑ A. Davis, K. Renner, C. Sprague, L. Dyer, D. Mutch (2005). Integrated Weed Management. MSU.
- ↑ Stephen B Powles (abril de 2008). "Evolved glyphosate-resistant weeds around the world: lessons to be learnt". Pest Management Science Pest Management Science 64 (4): 360–365. PMID 18273881. doi:10.1002/ps.1525.
- ↑ Müller-Schärer, H (2014). "Ophraella communa, the ragweed leaf beetle, has successfully landed in Europe: fortunate coincidence or threat?" (PDF). Weed Research 54 (2): 109–119. doi:10.1111/wre.12072.
- ↑ Cf. www.ragweed.eu Arquivado 2013-06-11 en Wayback Machine.. O proxecto funcionou desde 2013 a 2017 como parte dun programa da Unión Europea de Cooperación Europea en Ciencia e Tecnoloxía (COST polas súas siglas en inglés). Contou con máis de 120 participantes activos de 33 países en 2013.
- ↑ Wang, P. H.; Xu, J.; Wu, M. Y. (1993). "Chemical constituents of ragweed (Ambrosia artemisiifolia L.)". Zhongguo Zhong Yao Za Zhi 18 (3): 164–166, 191. PMID 8352903.
- ↑ BRIT.org: Native American Ethnobotany Database on Ambrosia artemisiifolia . Consultado o 26 de agosto de 2016.
- ↑ Huang, Jianwei W.; Chen, Jianjun; Berti, William R.; Cunningham, Scott D. (1997). "Phytoremediation of Lead-Contaminated Soils: Role of Synthetic Chelates in Lead Phytoextraction". Environmental Science & Technology 31 (3): 800–805. Bibcode:1997EnST...31..800H. doi:10.1021/es9604828.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ambrosia artemisiifolia |
- Essl, F.; Biró, K.; Brandes, D.; Broennimann, O.; Bullock, J.M.; Chapman, D.S.; Chauvel, B.; Dullinger, S.; Fumanal, B.; Guisan, A.; Karrer, G. (2015). "Biological flora of the British Isles: Ambrosia artemisiifolia" (PDF). Journal of Ecology 103 (4): 1069–1098. doi:10.1111/1365-2745.12424.
- [https://www.calflora.org/cgi-bin/species_query.cgi?where-calrecnum=290 Calflora Database: Ambrosia artemisiifolia, especie non nativa naturalizada en California
- [http://ucjeps.berkeley.edu/eflora/eflora_display.php?tid=805 Jepson Manual eFlora (TJM2) tratamento de Ambrosia artemisiifolia, especie non nativa naturalizada en California
- UC CalPhotos gallery: Ambrosia artemisiifolia