Fórmula tarsal
A fórmula tarsal é o número de segmentos dos tarsos da pata dos insectos. O tarso é a parte da pata que está ao final (parte distal), despois da tibia, e cada segmento de que consta denomínase tarsómero. A fórmula tarsal consta de tres números, a-b-c, empezando polo número de segmentos no tarso da pata anterior (a), seguindo pola pata media (b) e rematando coa pata posterior (c). Por exemplo, unha fórmula tarsal de "5-5-4", como a que teñen os escaravellos Trictenotomidae, significa que teñen tarsos de 5 segmentos na pata anterior, de 5 segmentos na media e de 4 na posterior.[1] Este carácter é especialmente útil na categoría taxonómica de familia e nas superiores.[2] Os Protura e Diplura e as larvas de certos insectos teñen tarsos cun só segmento e crese que esa era a condición ancestral nos primeiros insectos. Na parte final do tarso está o pretarso, que adoita levar garras.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Glossary of Terms | VCSU Macro-Invertebrate Lab". www.waterbugkey.vcsu.edu.
- ↑ "tarsus, tarsi, tarsomere, tarsal formula - BugGuide.Net". bugguide.net.
![]() |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |