Meloidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Meloidae")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Meloidae
Hycleus lugens
Hycleus lugens
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Meloidae
Gyllenhal, 1810
Subfamilias

Eleticinae
Meloinae
Nemognathinae
Tetraonycinae

Os meloidos (Meloidae) son unha familia de escaravellos, famosos por producir unha secreción defensiva que contén un axente vesicante chamado cantaridina, que segregan polas articulacións das patas. Coñécense unhas 7 500 especies desta familia en todo o mundo. Na península ibérica encóntranse 69 especies de 19 xéneros.[1] En Europa hai un total de 180 especies. Moitas son moi visibles e algunhas están coloreadas aposematicamente, anunciando visualmente a súa toxicidade a posibles depredadores, pero tamén as hai escuras.

Descrición[editar | editar a fonte]

A abella Colletes hederae portando un triungulino parasito do meloido Stenoria analis

Os seus élitros parecen de coiro e son brandos e rodean o abdome. O pronoto adoita ser cilíndrico ou arredondado e máis estreito que a cabeza e a base dos élitros. As antenas son filiformes ou monofiliformes. O corpo é alongado, desde de poucos milímetros a 7 cm de longo, segundo a especie. O ciclo vital dura de 1 a 3 anos, dependendo das condicións. Estes escaravellos son hipermetamórficos, e pasan por varios estadios larvarios, o primeiro dos cales é un triungulino móbil. As larvas son insectívoras, principalmente atacan a abellas, aínda que algunhas se alimentan de ovos de saltóns. O estadio final da larva é unha pseudopupa coactata, estado no que pasan o inverno. A larva dos meloidos, aínda que ás veces é considerada parasitoide, en xeral, parece comer o hóspede inmaturo xunto coas súas provisións almacenadas, e pode a miúdo sobrevivir só coas provisións, polo que non é un parasitoide obrigado, senón facultativo, ou simplemente un predador. Os adultos ás veces aliméntanse de flores e follas de plantas de diversas familias.[2]

Toxicidade[editar | editar a fonte]

A cantaridina, unha substancia química velenosa que causa a formación de vexigas na pel, utilízase medicamente para eliminar verrugas[3] e recóllese para este propósito de especies do xénero Mylabris e Lytta, especialmente de Lytta vesicatoria. O uso da cantaridina non está aprobado nalgúns países, como EUA.[4]

A cantaridina é o principal irritante do remedio de medicina popular chamado "mosca española", que se obtén a partir de escaravellos secos da familia Meloidae.

O xénero máis grande, Epicauta, contén moitas especies tóxicas para os cabalos. Con tal que o cabalo coma uns poucos destes escaravellos mesturados coa súa alfalfa o resultado pode ser mortal.[5] En áreas semiáridas do oeste de Estados Unidos, o uso de certas técnicas modernas de colleita pode contribuír á presenza de cantaridina na forraxe colleitada. A práctica de acondicionar o feno, esmagar os talos para favorecer o seu secado, tamén esmaga os escaravellos que puidesen estar presentes, que non teñen tempo de escapar, e isto causa que se libere a súa cantaridina na forraxe. Os meloidos son atraídos pola alfalfa e malas herbas durante a floración.[6]

Sistemática[editar | editar a fonte]

Subfamilia Eleticinae[editar | editar a fonte]

Tribo Derideini

Tribo Morphozonitini

Tribo Eleticini

Tribo Spasticini

Subfamilia Meloinae[editar | editar a fonte]

Epicauta pennsylvanica (Meloinae: Epicautini)
Cysteodemus armatus no deserto do Mojave. O recubrimento branco é cera cuticular, que pode variar de branco a amarelo nesta especie [1].

Tribo Cerocomini

Tribo Epicautini

Tribo Eupomphini

Meloidos como este Lytta vesicatoria (Meloinae: Lyttini) poden ser manipulados con seguridade con tal de que o animal non estea asustado, e pode permitírselles moverse libremente. Nas circunstancias contrarias, poden causar lesións dolorosas.
Meloe violaceus (Meloinae: Meloini): Nótese a pinga de cor laranxa de fluído defensivo no seu tórax.
Mylabris quadripunctata (Meloinae: Mylabrini)

Tribo Lyttini

Tribo Meloini

Tribo Mylabrini

Unha especie branca e negra de Actenodia

Tribo Pyrotini

Xéneros incertae sedis

Subfamilia Nemognathinae[editar | editar a fonte]

Horia sp. de Bannerghatta (Bangalore)
Sitaris muralis (Nemognathinae: Sitarini)

Tribo Horiini

Tribo Nemognathini

Tribo Sitarini

Xéneros incertae sedis

Subfamilia Tetraonycinae[editar | editar a fonte]

Tribo Tetraonycini

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ruiz, Manuel Sanchez. "Fauna Ibérica | Coleoptera - Meloidae". www.fauna-iberica.mncn.csic.es. Consultado o 26 de decembro de 2016. 
  2. Thought Co. Blister beetles, family Meloidae
  3. Bhattacharjee, Pradip; Brodell, Robert T. (2003). "Cantharidin". En Robert T. Brodell and Sandra Marchese Johnson, eds. Warts: Diagnosis and Management—an Evidence-Based Approach. London: Martin Dunitz. pp. 151–160. ISBN 1-84184-240-0. 
  4. Al-Dawsari, Najla A.; Masterpol, Kasia Szyfelbein (2016). "Cantharidin in Dermatology". Skinmed 14 (2): 111–114. ISSN 1540-9740. PMID 27319954. 
  5. University of Arizona VDL Blister Beetle Poisoning in Horses Arquivado July 24, 2008, en Wayback Machine.
  6. University of Colorado Extension Blister Beetles in Forage Crops Arquivado 10 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]