Traza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Larva de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Adulto de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Anobium punctatum (unha traza da madeira) a piques de saír do seu burato.

Traza, couza, caruncho, trilla, corta ou rela é a denominación popular dada a diferentes grupos de insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel, segundo os casos.[1] Con este nome coñécense en galego dous grupos de insectos moi distintos:

  • Traza da roupa: son larvas de certos lepidópteros que se alimentan dos tecidos da roupa.
  • Traza da madeira: son larvas de certos coleópteros, que se alimentan de madeira.

Traza da roupa[editar | editar a fonte]

As trazas que atacan a roupa (principalmente de la, pero tamén doutras fibras) e pezas de pel son larvas (eirugas) de certos lepidópteros, principalmente da familia Tineidae. As especies máis difundidas son Tineola bisselliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. Os adultos son unhas avelaíñas voadoras inofensivas, pero reprodutoras, que se orixinaron pola metamorfose das larvas; só as larvas son nocivas. Estas trazas pertencen ao gran grupo de lepidópteros dos heteróceros (as avelaíñas), pero a gran maioría das avelaíñas non se alimentan de roupa.

Traza da madeira[editar | editar a fonte]

As trazas que atacan a madeira de mobles e construcións de madeira son as larvas de certas especies de coleópteros (escaravellos), principalmente da familia Anobiidae, pero tamén doutras familias. Constrúen túneles na madeira producindo os danos e xerando un característico po ou serraduras. Cando a larva sofre a metamorfose, convértese en adulto voador, que sae ao exterior, pon os ovos e vive pouco tempo (uns días).

Algunhas especies destrutivas son:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]