Omaliinae
Omaliinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acidota subcarinata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Omaliinae é unha subfamilia de escaravellos dentro da subfamilia Staphylinidae.[1]
Anatomía
[editar | editar a fonte]Os adultos típicos miden de 1,5 a 6 mm de longo, son algo máis anchos que a maioría dos estafilínidos, con élitros algo máis longos e sen punteaduras seriadas, a cabeza ten un ancho colo, as antenas son lixeiramente máis anchas no ápice e os tarsos teñen cinco artellos. Case todos os xéneros teñen un par de ocelos preto da base da cabeza e nuns poucos xéneros os élitros cobren todo o abdome. As malas maxilares das larvas teñen forma de correa, pero non son tan longas coma nos Proteininae e a mandíbula carece de prosteca.
-
Acidota subcarinata
-
Brathinus nitidus
-
Deinopteroloma pictum
-
Phloeonomus laesicollis
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os adultos e larvas viven nas follas caídas, froitos en descomposición, musgos e baixo codias de árbores mortas. Os adultos de varias especies e algunhas larvas viven en flores. Adultos e larvas de moitos xéneros e especies crese que son predadores que se alimentan de insectos pequenos acabados de matar, aínda que algúns parecen ser fitófagos (danan as flores) ou saprófagos que se alimentan de froita en descomposición.
Sistemática e evolución
[editar | editar a fonte]A subfamilia Omaliinae é grande, xa que comprende uns 100 xéneros, e está dividida nas seguintes sete tribos:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Newton, A. F., Jr., M. K. Thayer, J. S. Ashe, and D. S. Chandler. 2001. 22. Staphylinidae Latreille, 1802. p. 272–418. In: R. H. Arnett, Jr., and M. C. Thomas (eds.). American beetles, Volume 1. CRC Press; Boca Raton, Florida. ix + 443 p.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Omaliinae |
- Omaliinae en Bugguide.net. [1]