Anfibios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Anfibios
Rango fósil: Devónico - presente
Seymouria, Dermophis mexicanus, Notophthalmus viridescens e Litoria phyllochroa
Seymouria, Dermophis mexicanus, Notophthalmus viridescens e Litoria phyllochroa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Subclases e Ordes
Subclase Labyrinthodontia — extinta
Orde Temnospondyli — extinta
Subclase Lepospondyli — extinta
Subclase Lissamphibia
Orde Anura
Orde Caudata
Orde Gymnophiona
Orde Allocaudata — extinta

Os anfibios (Amphibia) son unha clase de animais que inclúe todos os tetrápodos vivos (vertebrados de catro patas) que non teñen embrións con amnio, son poiquilotermos que normalmente pasan parte do tempo na terra. A maioría dos anfibios non teñen as adaptacións a unha vida exclusivamente terrestre que si posúen a maioría dos demais tetrápodos modernos (amniotas). Coñécense unhas 6.000 especies. O seu estudo (xunto cos réptiles) coñécese como herpetoloxía.

Evolución e sistemática[editar | editar a fonte]

Hipóteses sobre as relacións filoxenéticas dos anfibios modernos: 1.Orixe monofilético a partir de Lepospondyli
2.Orixe monofilético a partir de Temnospondyli
3.Orixe polifilético.

O estudo dos fósiles pon de manifesto que os peixes pulmonados ou crosopterixios do Devónico foron os antecesores de los anfibios, sendo o grupo máis primitivo de anfibios coñecido na actualidade os Estegocéfalos que amosan un cranio cunha estrutura moi parecida ao suborde dos Osteoléptidos dentro do grupo dos crosopterixios. Os estegocéfalos posuían un cranio que amosaba características moi típicas dos anfibios, pero aínda conservan a forma e outros trazos dos peixes. Durante os períodos Carbonífero e Pérmico estendéronse dando lugar a moitas ramas evolutivas, das que algunha deu orixe aos actuais anfibios. Pénsase que os Labirintodontos deron lugar aos Anuros e os Lepospóndilos aos Urodelos, aínda que mesmo hai dúbidas respecto disto. Os anfibios primitivos mellor coñecidos son os chamados labirintodontos. Eran semellantes a píntegas xigantes, de cabeza alongada e cola longa e musculosa. Acadaban tallas arredor dos 4 metros de lonxitude.

As relacións filoxenéticas entre os tres grupos de lisanfibios foron materia de debates e controversias por décadas. Os primeiros estudos de secuencias de ADN mitocondrial e ADN ribosomal nuclear sustentaban unha relación achegada entre as píntegas e as apodas (grupo denominado Procera).[1][2][3][4] Esta hipótese axudaba a explicar os patróns de distribución e o rexistro fósil dos lisanfibios, dado o feito de que as ras están distribuídas en case tódolos continentes mentres que as píntegas e as apodas presentan unha moi marcada distribución en rexións que algunha vez formaron parte de Laurasia e Gondwana respectivamente. Os rexistros fósiles máis antigos de ras (e de lisanfibios) datan do Triásico Inferior (~250 Ma) de Madagascar[5] (correspondiendo al género Triadobatrachus[6]), mentres que os das píntegas e as apodas corresponden ó período Xurásico (~190 Ma). Porén, as análises posteriores e recentes nos que se ocuparon grandes bases de datos tanto de xenes nucleares como mitocondriais, ou unha combinación de ambos, establecen ás ras e ás píntegas como grupos irmáns, cuxo clado é denominado Batrachia. Este grupo é reafirmado por estudos de datos morfolóxicos (incluíndo o de espécimes fósiles).[7][8][9]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

─o Sarcopterygii
 ├─o Coelacanthimorpha ou Actinistia
 └─o
   ├─o Dipnoi (+)
   └─o Tetrapoda
     ├─o Anfibios + (Lissamphibia e Lepospondyli)
     └─o
       ├─o Temnospondyli (extintos) (+)
       └─o Reptiliomorpha
         └─o Cotylosauria
           └─o Amniota (+)

A orde parafilética dos Labyrinthodontia (labirintodontes), antes era un importante taxon dos anfibios pero hoxe considérase como obsoleta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hedges, S. B. et al. (1990) Tetrapod phylogeny inferred from 18s and 28s ribosomal RNA sequences and a review of the evidence for amniote relationships. Molecular Phylogenetics and Evolution 7:607-633.
  2. Hedges, S. B. & Maxson, L. R. (1993) A molecular perspective on lissamphibian phylogeny. Herpetol. Monogr 7:27-42.
  3. Feller, A. E. & Hedges, S. B. (1998) Molecular evidence for the early history of living amphibians. Molecular Phylogenetics and Evolution 9:509–516.
  4. Zhang, P. et al. (2003) The complete mitochondrial genome of a relic salamander, Ranodon sibiricus (Amphibia: Caudata) and implications for amphibian phylogeny. Molecular Phylogenetics and Evolution 28:620-626.
  5. San Mauro, D. (2005) Initial diversification of living amphibians predated the breakup of Pangaea. American Naturalist 165: 590-599
  6. Rage, J-C. & Roček, Z. (1989) Redescription of Triadobatrachus massinoti (Piveteau, 1936) an anuran amphibian from the Early Triassic. Palaeontographica A 206, 1–16.
  7. Ruta, M. et al.(2003a) Early tetrapod relationships revisited. Biological Reviews 78, 251-345.
  8. Ruta, M. & Coates, M. I. (2007) Dates, nodes and character conflict: addressing the lissamphibian origin problem. Journal of Systematic Palaeontology 5: 69 -- 122.
  9. Carroll, R. L. (2007) The Palaeozoic Ancestry of Salamanders, Frogs and Caecilians. Zoological Journal of the Linnean Society 150: 1-140.