Aerosol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Un aerosol é un conxunto de partículas suspendidas nun gas, o seu tamaño pode variar entre os 0,002 µm a máis de 100 µm, ou o que é o mesmo desde unhas poucas moléculas ata o tamaño límite no que eses partículas poden permanecer suspendidas no gas. O termo se refire tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas.

Usos e características[editar | editar a fonte]

Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención de provocar algún efecto no organismo do consumidor.

Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.