Saltar ao contido

Chondropyga dorsalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chondropyga dorsalis é un grande escaravello australiano da familia dos escarabeidos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este escaravello crece ata os 20–25 mm de longo e as femias son lixeiramente menores que os machos. Ten unha coloración marrón amarelada e cando está en voo produce un ruído forte rumbante que crea a ilusión de que se está achegando unha grande avespa. Tamén fai isto cando se sente ameazado.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Encóntrase no sueste de Australia, en Victoria, Nova Gales do Sur e parte de Queensland. Os adultos aliméntanse de néctar, mentres que as larvas viven en madeira podre.[1] Viven en zonas boscosas, bosques secos esclerófilos e xardíns residenciais.[2]

Ciclo vital

[editar | editar a fonte]

Poñen os ovos en lugares húmidos situados nos troncos podres ou arredor deles. Unha vez que fixeron eclosión, as larvas resultantes aliméntanse da madeira podre ata que están listas para pupar. Constrúen as pupas de barro e residuos podres. Os adultos saen da pupa en verán e aliméntanse en arbustos e árbores cargados de néctar.[2]

  1. "Species Chondropyga dorsalis". Australian Faunal Directory. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2009. 
  2. 2,0 2,1 Trevor Hawkeswood (1987). Beetles of Australia. ISBN 0-207-15352-3.