Deserto do Namib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°S 15°L / -25, -15

Vista do deserto do Namib desde un saltétite da NASA.

O deserto do Namib,[Cómpre referencia] chamado ás veces deserto de Namibia,[1] é un importante deserto de África que se estende ao longo da costa de Namibia, entre o río Cunene, entre Namibia e Angola, ao norte, e o río Orange, que marca a fronteira coa República Surafricana, ao sur.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Dimensións[editar | editar a fonte]

O deserto do Namib ten unha lonxitude duns 2 000 km, unha largura que varía entre os 80 e os 200 km, e unha superficie aproximada duns 81 000 km².[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome, "Namib", significa en lingua nama "enorme".[2]

A ecorrexión[editar | editar a fonte]

Mapa do deserto do Namib.
Mapa da ecorrexión.

Algúns xeógrafos consideran que o biótopo ou a ecorrexión propiamente dita (tal como está definida polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) esténdese entre o río Uniab, 200 km ao norte do cabo Cross, e a cidade de Lüderitz no sur.

A ecorrexión, extremadamente árida, comprende dunas de area, chairas de grava e montañas esgrevias. Completamente desprovisto de auga superficial, aínda que está atravesado por varios leitos secos. Estes leitos están poboados de vexetación e albergan algúns ungulados, como as cebras de montaña de Hartmann (Equus zebra hartmannae).[2]

O sur do deserto é extremadamente seco e incluso carece de leitos secos; o órix do Cabo (Oryx gacella) —localmente denominado gemsbok— é o único mamífero grande que pode vivir neste ambiente hostil. As néboas mestas son frecuentes ao longo da costa, e son o "sangue vital" do deserto, subministrando suficiente humidade para que sobrevivan unha gran cantidade de especies animais interesantes e altamente adaptadas á estas extremadas condicións ambientais.[2]

Welwitschia mirabilis, a "planta nacional" de Namibia.

A parte do Namib que se estende ao norte do río Uniab denomínase deserto de Kaoko, e adéntrase en Angola.
Ten un río sempre con auga, o Cunene, onde chove máis (até 100 mm en tormentas esporádicas de outubro a marzo) e a fauna e a flora son máis abundantes.[2]

A parte do Namib que se estende ao sur de Lüderitz denomínase Karoo (Karoo suculento e Karoo nama) e adéntrase notabelmente en Suráfrica. Ten outro río sempre con auga, o Orange, que noutro tempo estaba poboado de hipopótamos, e caracterízase por ser a rexión do mundo máis abundante en especies de plantas suculentas (máis de 10 000).[2]

O deserto do Nabib considérade que é o deserto máis antigo do mundo,[2] e tense constancia de que xa existía durante a Era Terciaria, hai uns 65-55 millóns de anos,[2] época na que se extinguiron os dinosauros.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

A Unesco declarou o Namib como Patrimonio da Humanidade en 2013.[3]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Este nome é impropio, xa que en Namibia existen outros desertos.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Spriggs, A. (2001): WWF. Terrestial Ecoregions. Deserts and xeric shrublands. Africa. Namibia.
  3. Unesco (21 de xuño de 2013). "Sites in Latin America and Germany inscribed on World Heritage List". Unesco.org (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fuller, Alexandra. fotos de Lanting, Frans. "El gran parque de África". National Geographic (en castelán) (xuño 2011): 80–97. ISSN 1138-1434. 
  • Botha, Laurette Isabella (1970). The Namib desert: a bibliography (en inglés). Cape Town: University of Cape Town Libraries. p. 26. OCLC 138726. 
  • Seely, Mary (2004). The Namib: Natural History of an Ancient Desert (en inglés) (3ª ed.). Windhoek: Desert Research Foundation of Namibia. ISBN 9991668160. 
  • Segalen, Loïc (2003). Évolution environnementale du Désert du Namib depuis le Miocène (en francés). Thèse de doctorat: Géosciences et Ressources naturelles. París: Université Pierre et Marie Curie. p. 275. OCLC 491627558. 
  • Lageat, Yannick (1994). "Le désert du Namib central". Paris: Annales de géographie (en francés) (578): 339–360. OCLC 490233534. 
  • Tonchi, Victor L.; William A. Lindeke; John J. Grotpeter (2012). Historical Dictionary of Namibia (en inglés) (2nd ed.). Scarecrow Press. ISBN 978-0-8108-7990-4. 
  • Hamilton III, William J. (setembro de 1983). "The Living Sands of the Namib". National Geographic (en inglés) 164 (3): 364–376. ISSN 0027-9358. OCLC 643483454. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]