Conversa modelo:Navbox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Atención, hai que revisar este marcador para que furrule o mellor posible. Se alguén ten moito coñecemento sobre código e todo iso pode ver de arranxalo. Alberte Si, dígame? 12:48, 23 novembro 2008 (UTC)

Cousas que mudar[editar a fonte]

Vexo algúns erros, vounos dicir para ver se alguén sabe solucionalos:

  • o botón agochar/amosar aparece dúas veces, cando debería aparecer unha soa vez.
  • á esquerda aparece "v d e", e debería ser "v c e", xa que é conversa, non discusión.

Son as dúas cousas que vexo mal polo de agora, a ver se alguén sabe solucionalas. Alberte Si, dígame? 12:52, 29 novembro 2008 (UTC)

  • Solucionado o da c. Vou votarlle unha ollada o de amosar --Jordav 13:08, 29 novembro 2008 (UTC)
    • Graciñas por arranxar unha das cousas. Estivera eu pescudando para arranxalas pero non fun quen. O de amosar agochar, hai sitios onde funciona, mais é en modelos sen navbox (como este: Modelo:Conflito árabe-israelí), xa que o seu funcionamento deriva dos parámetros de MediaWiki:Common.js. Por certo, que para que estea homoxéneo, debería ser amosar en troques de mostrar. O dito, grazas por arranxar o pequeno problemiña ese. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 13:22, 29 novembro 2008 (UTC)
(Nota: esta mensaxe escribina antes de ver a de Alberte, xa que ao intentar gardala me deu un conflito de edición.) Vou ver se o soluciono. Do do c non me dera de conta, mais do outro xa o levo vendo máis tempo e decidín mirar hoxe de onde viña. Quizais teña algo que ver con MediaWiki:Common.css ou algo así. A ver se o arranxo... --Toliño Fala aquí comigo 13:29, 29 novembro 2008 (UTC)
Contra todo prognóstico amañei o tema dos dous amosar: resulta que o código para enrolar as caixas estaba tanto en Monobook.js coma en Common.js. O common son variacións que afectan a todos, e as modificacións en monobook afectan a quen usan esa visualización (practicamente o 100% de usuarios). Así pois elimei o tema do monobook e deixeino en Common. Un saúdo. Nota: se aínda non o vedes ben é que tedes que actualiza-la caché. Alberte Si, dígame? 16:48, 29 novembro 2008 (UTC)
Levaba un tempo buscando os javascripts da wikipedia, pero é que aínda ando moi perdido nestes metaobxectos da wikipedia. Grazas por solucionalo. Viñen a ver que andivera tocando xa que vin como trocaba o script en tempo real co firebug. Un saudo --Jordav 16:55, 29 novembro 2008 (UTC)