Xilomanano
O xilomanano é unha molécula anticonxelante, que se encontra no escaravello de Alasca tolerante á conxelación Upis ceramboides.[1] A diferenza das proteínas anticonxelantes, o xilomanano non é unha proteína senón unha combinación dun azucre oligosacárido (con manosa e xilosa) e un ácido graxo que se encontra na membrana celular.[2] Como tal, espérase que funcione de maneira distinta que as proteínas anticonxelantes e crese que o fai incorporándose directamente na membrana celular e impedindo a conxelación da moléculas de auga dentro da célula.[3]
O xilomanano tamén se encontra na alga vermella Nothogenia fastigiata (da familia Scinaiaceae). A fracción F6 do xilomanano sulfatado de Nothogenia fastigiata inhibe a replicación de varios virus, incluíndo o virus do Herpes simplex tipos 1 e 2 (HSV-1, HSV-2), o citomegalovirus humano (HCMV, HHV-5), o virus respiratorio sincitial (RSV), o influenzavirus A, influenzavirus B, virus Junin e Tacaribe, virus da inmunodeficiencia simia e (feblemente) os virus da inmunodeficiencia humana tipos 1 e 2.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Walters KR Jr; Serianni AS; Sformo T; Barnes BM; Duman JG (2009). "A nonprotein thermal hysteresis-producing xylomannan antifreeze in the freeze-tolerant Alaskan beetle Upis ceramboides". PNAS 106 (48): 20210–5. Bibcode:2009PNAS..10620210W. PMC 2787118. PMID 19934038. doi:10.1073/pnas.0909872106.
- ↑ Ishiwata A, Sakurai A, Nishimiya Y, Tsuda S, Ito Y (7 de decembro de 2011). "Synthetic study and structural analysis of the antifreeze agent xylomannan from Upis ceramboides". J Am Chem Soc 133 (48): 19524–35. PMID 22029271. doi:10.1021/ja208528c.
- ↑ "New Antifreeze Molecule Isolated In Alaska Beetle - Science News - redOrbit".[Ligazón morta]
- ↑ Damonte E, Neyts J, Pujol CA, et al. (June 1994). "Antiviral activity of a sulphated polysaccharide from the red seaweed Nothogenia fastigiata". Biochemical Pharmacology 47 (12): 2187–92. PMID 8031312. doi:10.1016/0006-2952(94)90254-2.