Saltón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saltón
Rango fósil: Pérmico tardío - Actualidade
Acanthacris ruficornis.
Acanthacris ruficornis.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Hexapoda
Clase: Insecta
Orde: Orthoptera
Suborde: Caelifera
Ander, 1939
Superfamilias

Saltón é o nome común da suborde de insectos herbívoros Caelifera da orde Orthoptera. Diferéncianse da outra suborde de ortópteros (Ensifera) en que as antenas son curtas e adoitan ter menos de 30 artellos. Esta suborde inclúe moitas familias de saltóns.

Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de migrar. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escaseza de alimento, o seu organismo libera unha serie de hormonas que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a Locusta migratoria e a Schistocerca gregaria, desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.

Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente frotando as patas contra as á ou o abdome, ou co golpeteo das ás no voo. Algúns contan con órgano de audición, situado nos costados do primeiro segmento abdominal. As patas traseiras son tipicamente longas e fortes, apropiadas para saltar. Xeralmente contan con ás, pero só as traseiras son membranosas e lles permiten voar, mentres que as dianteiras son coriáceas e non son útiles no voo. As femias son de maior tamaño cós machos.

Os ortópteros que contan con antenas tan largas ou maiores có seu propio corpo son en realidade grilos de matogueira ou saltóns de antenas longas, pertencentes á suborde Ensifera, dos que se diferencian tamén pola estrutura do ovipositor, así como a localización do órgano auditivo e a forma en que producen os sons característicos. En termos evolutivos existe unha división entre ambas as dúas subordes que data do límite Permo-Triásico[1].

Os ovos adoitan colocarse nunha substancia escumosa que os protexe durante a incubación. O número de ovos por posta acostuma rondar entre os 400 e 500.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]