Saltar ao contido

Megasoma elephas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megasoma elephas
 Nome taxon
    Megasoma elephas
 Nome curto
    M. elephas (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloArthropoda
ClaseInsecta
OrdeColeoptera
FamiliaScarabaeidae
TriboDynastini
XéneroMegasoma
EspecieMegasoma elephas Editar o valor en Wikidata
Fabricius, 1775 Megasoma elephas Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/026kzs_ Editar o valor en Wikidata
OTT3337893 Editar o valor en Wikidata
CoL3YZ3Y Editar o valor en Wikidata
EOL145062 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Megasoma elephas, o escaravello elefante, é unha especie da familia Scarabaeidae e subfamilia Dynastinae. Ten unha distribución Neotropical.

Macho e femia de Megasoma elephas no Insectario de Montreal

Os escaravellos elefante son de cor negra e están cubertos de finos pelos (setas) microscópicos. Os pelos crecen especialmente espesos nos élitros e danlle ao corpo do animal unha cor amarelada. Os machos teñen dous cornos que se proxectan cara a adiante desde a cabeza e o protórax. O corno da cabeza máis longo é o que lle dá a estes escaravellos o seu nome, xa que lembra os cabeiros dun elefante. As femias non teñen cornos. Usan os cornos para a defensa e a competición entre machos polo alimento e as femias.

En tamaño miden entre 7 e 12 cm de longo, e o exemplar macho máis grande que se mediu era de 13,7 cm, incluíndo o corno.[1]

Localización

[editar | editar a fonte]

Viven nas selvas do sur de México, América Central e América do Sur.[2]

Lista de subespecies

[editar | editar a fonte]
  • Megasoma elephas elephas (Fabricius, 1775)
  • Megasoma elephas iijimai Nagai, 2003

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Femia de Megasoma elephas en Costa Rica

As larvas desenvólvense en grandes troncos en descomposición e tardan tres anos en desenvolverse en adultos, dependendo da subespecie. A femia pon ovos dento dos troncos podres ou no chan. Algunhas semanas despois (normalmente tres) os ovos fan eclosión orixinando larvas con forma de C, brancas con cabeza marrón e seis patas. O estadio larval dura arredor de 29 meses, durante ese tempo a larva aliméntase. O terceiro e último estadio, o pupal, dura arredor de cinco semanas a unha temperatura de 26 graos Celsius. A vida dun adulto dura uns tres meses.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse do zume interno de certas árbores e de froitos maduros caídos. En catividade tamén comen froitas exóticas, como ananás, longáns, lichis e a codia de certas árbores como Delonix regia.

Comportamento e hábitat

[editar | editar a fonte]

Viven en selvas e son activos principalmente durante a noite. Poden manter unha alta calor corporal interna cando buscan comida malia a baixa temperatura ambiental.[3]

A poboación de escaravellos elefante diminuíu bastante pola destrución das selvas, o cal reduciu o seu territorio para vivir e reproducirse. Nalgúns países como Costa Rica, Nicaragua e outros en América Central a cabeza do macho utilízase como colgante ou colar, decorada con ouro. Isto afectou á poboación gravemente.

Posible uso militar

[editar | editar a fonte]

Como parte dun proxecto patrocinado polo Pentágono norteamericano, investigadores da Universidade de California, Berkeley implantaron eléctrodos en pupas de escaravello elefante. Isto permite exercer certo control remoto do comportamento voador dos adultos.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]