Montes Urais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos Urais.

Os Montes Urais (en ruso: Ура́льские го́ры = Ура́л) son unha cordilleira que se estende aproximadamente de norte a sur a través da Rusia occidental.

Ten unha extensión de 2.500 km das estepas casacas ao longo da fronteira norte do Casaquistán ata a costa do Océano Ártico. A illa de Nova Zembla forma unha continuación da cordilleira. Xeograficamente, esta cadea de montañas marca a fronteira (arbitraria) entre os continentes europeo e asiático. O seu maior cumio é o monte Naroda (Poznurr, 1.895 m). A erosión expón unha riqueza considerable en minerais nos Urais, entre os cales o topacio e mais o berilio. As fragas Komi nos Urais do norte están protexidas como Patrimonio Mundial.

Os Urais están entre as cordilleiras máis antigas do mundo, téndose formado no final do período Carbonífero, cando un continente composto principalmente por Siberia colidiu co supercontinente que contiña a maior parte da terra na época : a combinación da Laurasia (Europa e América do Norte) e Gondwana. Europa e Siberia permaneceron xuntas desde entón.

Os xeógrafos dividen os Urais en cinco rexións: Sur, Central, Norte, Subártico e Urais Árticos.

Ríos[editar | editar a fonte]

  • Ao oeste dos Urais nace o río Ufa, que corre cara ao oeste.
  • Ao sur dos Urais nace o río Belaxa, que corre cara ao oeste.
  • Ao sur dos Urais nace o río Sakmara, que corre cara ao sur.
  • Ao sur dos Urais nace o río Samara, que corre cara ao oeste.
  • Ao sur dos Urais nace o río Ural, que corre cara ao sur.

Outros importantes ríos da rexión son: Emba, Pecora, Usa, Tavda, Tobol, Tura.

Cidades[editar | editar a fonte]

Cidades importantes dos Urais:

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montes Urais Modificar a ligazón no Wikidata