Saltar ao contido

Permiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Permiano
Paleozoico Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
Datas
 Data de comezo
hai 298.900.000 anos (circa) Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 252.000.000 anos (circa) Extinción do Permiano-Triásico Editar o valor en Wikidata
 Descuberta / invención
1841 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
hai 251.900.000 anosExtinción do Permiano-Triásico Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/05s74 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC83365034 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O Permiano[1] é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.[2][3]

Estratigrafía

[editar | editar a fonte]

Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos.

O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.

Posición na escala de tempo xeolóxico

[editar | editar a fonte]

O permiano segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

Fósiles permianos.

Cambios climáticos e fósiles

[editar | editar a fonte]

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas.

Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra.

Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Permiano, continuando esta tendencia no Triásico con climas máis cálidos e secos.

Estes cambios climáticos culminaron na maior extinción masiva da historia, a extinción do Permiano-Triásico, que marcou o final do Permiano e permitiu a posterior diversificación dos dinosauros no Mesozoico.[4][5][6]

Paleoclima do Permiano-Triásico.

Oroxenia e formación de Panxea

[editar | editar a fonte]

Durante o Permiano, desenvolveuse a oroxenia herciniana, un proceso tectónico que resultou na formación de grandes cadeas montañosas. Este evento xeolóxico estivo acompañado pola colisión de varios continentes, incluíndo Euramérica ou Laurusia (creado no Devoniano, composto por América do Norte e Eurasia) e Gondwana (que incluía a maior parte das masas continentais do hemisferio sur).

A culminación desta colisión tectónica foi a formación do supercontinente Panxea, que unificou case todas as masas terrestres nun único bloque continental. Panxea tiña unha forma en "C" cun vasto océano, o Pantalasa, que cubría a maior parte do resto do planeta, e un mar interior, o Paleo-Tetis, ao leste.[7]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para permiano.
  2. "Geologic TimeScale Foundation - Stratigraphic Information". stratigraphy.science.purdue.edu. Consultado o 2024-07-16. 
  3. International Stratigraphic Chart, 2008.
  4. "Permian Period; Plants, Animals, Extinction, & Facts". Britannica.com (en inglés). 2024-06-06. Consultado o 2024-07-16. 
  5. Erwin, D. H., Princeton University Press, ed. (2006). "Extinction: How life on Earth nearly ended 250 million years ago.". psycnet.apa.org. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  6. Benton, M. J. (Michael J. ) (2015). When life nearly died : the greatest mass extinction of all time. London : Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-29193-1. 
  7. "Hercynian-orogeny". www.sciencedirect.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Táboa de eóns, eras e períodos
Supereón Eón Era Período
Fanerozoico Cenozoico Cuaternario
Neoxeno
Paleóxeno
Mesozoico Cretáceo
Xurásico
Triásico
Paleozoico Permiano
Carbonífero
Devoniano
Siluriano
Ordoviciano
Cambriano
Precámbrico Proterozoico Neoproterozoico Ediacárico
Crioxénico
Tónico
Mesoproterozoico Esténico
Ectásico
Calímico
Paleoproterozoico Estatérico
Orosírico
Riácico
Sidérico
Arcaico Neoarcaico
Mesoarcaico
Paleoarcaico
Eoarcaico
Hadeico

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.