Encyclopedia of Life

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da EOL.

Encyclopedia of Life (Enciclopedia da Vida), abreviadamente EOL é un proxecto de enciclopedia cooperativa en liña,[1][2] que ten como propósito construír unha enciclopedia que conteña un artigo para cada unha das especies de seres vivos existentes no planeta Terra.

Cada artigo podeá contener sons, vídeos, imaxes, gráficos e textos.[3]

Dispoñía inicialmente dun fondo de 50 millóns de dólares proviñentes de cinco grandes institucións científicas, encabezadas pola Fundación McArthur.

A páxina web de internet da enciclopedia contén información do proxecto, FAQs[4] e páxinas de demostración.[5]

O comité directivo do proxecto está composto por membros veteráns de:

  • o Consorcio da Biblioteca da Herdanza da Biodiversidade,
  • o Museo Field de historia natural,
  • a Universidade de Harvard,
  • a Fundación McArthur,
  • o Laboratorio de Bioloxía Mariña,
  • o Xardín Botánico de Missouri,
  • a Fundación Alfed P. Sloan e
  • o Instituto Smithsoniano.[1][5][6]

O proxecto non permite achegas directas dos usuarios, como ocorre na Wikipedia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Who is ultimately responsible for constructing the Encyclopedia of Life?". FAQ. Encyclopedia of Life. 2007. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  2. "What does Encyclopedia of Life seek to accomplish? What are its objectives?". FAQ. Encyclopedia of Life. 2007. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  3. Odling-Smee, Lucy (9 de maio de 2007). "Encyclopedia of Life launched". news @ nature.com. doi:10.1038/news070508-7. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  4. "Frequently asked questions". Encyclopedia of Life. 2007. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Demonstration pages". Encyclopedia of Life. 2007. Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  6. "Scientists compile 'book of life'". BBC. 9 de maio de 2007. Consultado o 9 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]