Cupédidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cupedidae»)

Os cupédidos (Cupedidae) son unha pequena familia de escaravellos, notables polo seu deseño de "fiestras" cadradas (partes non esclerotizadas) nos seus élitros (ás anteriores duras), que fan que se lles dea tamén o nome de escaravellos reticulados.[1] Teñen antenas longas e protuberancias na cabeza.

A familia consta duns 30 especies distribuídas en 9 xéneros, cunha distribución mundial. Coñécense moitas especies extintas deste grupo, que datan do Mesozoico.[1]

Estes escaravellos tenden a ser alongados cun corpo aplanado dorsoventralmente, con lonxitudes entre 10 e 20 mm, de cores de tons maróns, negros ou grises. As larvas furan a madeira e viven normalmente en madeira infestada por fungos e ás veces atópanse en construcións de madeira.[1] As larvas desta especie comen a madeira morta atacada por fungos ou das raíces de árbores, mentres que os adultos se cre que subsisten comendo pole e zumes de plantas.[2]

Os machos de Priacma serrata (do oesde de América do Norte) son notables por seren fortemente atraídos pola lixivia usada para a limpeza das casas. Isto suxire que algúns compostos da lixivia poden lembrarlles a compostos que son atractivos para eles na natureza.[1]

Describíronse xéneros de cupédidos fósiles atopados en varios depósitos de ámbar de diversas idades, como o ámbar birmano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Evans, Arthur V.; Hogue, James N. (15 November 2006). "Family Groups: Reticulated Beetles Cupedidae". Field Guide to Beetles of California. University of California Press. pp. 51–. ISBN 978-0-520-24657-7. 
  2. Jarzembowski, Edmund A.; Wang, Bo; Zheng, Daran (2017-10-01). "A new spiny reticulated beetle (Coleoptera: Cupedidae) from Cretaceous Burmese amber". Proceedings of the Geologists' Association (en inglés) 128 (5): 798–802. ISSN 0016-7878. doi:10.1016/j.pgeola.2017.07.003. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.