Scydosella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Scydosella musawasensis»)

Scydosella

Hábito e caracteres de diagnóstico de Scydosella musawasensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Superfamilia: Staphylinoidea
Familia: Ptiliidae
Xénero: Scydosella
Hall, 1999
Especie tipo
Scydosella musawasensis
Hall, 1999

Scydosella é un xénero de escaravellos que consta dunha soa especie (taxon monotípico) chamada Scydosella musawasensis. A especie considérase o insecto de vida libre máis pequeno que existe, e, por tanto, o escaravello de menor tamaño.[1] Pertence aos Ptiliidae, que teñen ás cunhas espiñas parecidas a plumas. Descubriuse en Nicaragua, e describiuno en 1999 Wesley Eugene Hall do Museo do Estado da Universidade de Nebraska.[2] O descubrimento inicial constaba de moi poucos espécimes e as súas medidas exactas non eran concluíntes. Debido ao seu diminuto tamaño, eran difíciles de observar baixo o microscopio despois da conservación. O tamaño xeralmente aceptado era de 0,300 mm de lonxitude.[3] O 8 de febreiro de 2015, Alexey Polilov da Universidade do Estado de Moscova Lomonosov recolleu 85 espécimes no parque nacional de Chicaque, Colombia. Foron descubertos sobre unha capa de fungos dos cales se alimentan. Deses espécimes puido facerse unha medida exacta e encontrouse que o individuo máis pequeno era de só 0,325 mm de longo.[4] O individuo máis grande era de 0,352 mm de longo e a lonxitude media de todos os espécimes era de 0,338 mm. O corpo é alongado e de forma oval, de cor marrón amarelada e as antenas están divididas en 10 segmentos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Polilov, Alexey (8 de outubro de 2015). "How small is the smallest? New record and remeasuring of Scydosella musawasensis Hall, 1999 (Coleoptera, Ptiliidae), the smallest known free-living insect". ZooKeys (526): 61–64. PMC 4607844. PMID 26487824. doi:10.3897/zookeys.526.6531. 
  2. Hall, W. E. (1999). "Generic revision of the tribe Nanosellini (Coleoptera: Ptiliidae: Ptiliinae)". Transactions of the American Entomological Society 125 (1/2): 39–126. JSTOR 25078673. 
  3. Polilov, A. A. (2011). "Anatomy of the smallest coleoptera, featherwing beetles of the tribe nanosellini (Coleoptera, Ptiliidae), and limits of insect miniaturization". Entomological Review 88 (1): 26–33. doi:10.1134/S0013873808010041. 
  4. Pensoft Publishers (8 de outubro de 2015). "How small is the smallest? New record of the tiniest free-living insect provides precision". ScienceDaily. Consultado o 12 de outubro de 2015. 
  5. "Scydosella musawasensis: World's Tiniest Beetle Lives in Colombia". Sci-News. 9 de outubro de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]