Animal de compaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un gato e un can, dúas mascotas populares.

Un animal de compaña,[1] animal de compañía, animal doméstico ou mascota é un animal que serve principalmente para a compaña ou protección dunha persoa, en contraste cos de traballo, de deporte, do gando e de animais de laboratorio, que serven para a súa exhibición, polo seu valor agroalimentario ou para a investigación. As mascotas máis populares son escollidas polas súas aparencias atractivas, a súa lealdade ou personalidade.

As mascotas achegan ós seus donos (ou gardiáns[2]) beneficios físicos e emocionais. Pasear co can pode suplir o exercicio humano e animal, e fai medrar a interacción social. As mascotas poden dar compaña a adultos anciáns que non teñen interaccións socias axeitadas con outra xente, así como outra xente que vive soa. Existe unha clase, medicamente aprobada, de terapia asistida con animais, principalmente cans e gatos, que son empregados como apoio en tratamentos e terapias para pacientes de tódalas idades, con doenzas que os debilitan e afectan no eido social, emocional e cognitivo.

Os animais de compaña máis populares son os cans e os gatos,[3] pero tamén poden ser mascotas os coellos domésticos e os furóns; roedores como xerbos, hámsteres, chinchillas, ratas e cobaias; aves como canarios, córvidos e papagaios; réptiles como tartarugas, lagartos e cobras; peixes de acuario como carpas, peixes tropicais e ras, e artrópodos como tarántulas e cangrexos ermitáns.

Algúns estudosos e organizacións dos dereitos dos animais ergueron a voz para facer conciencia de ter mascotas tendo en conta a súa autonomía e non obxectificación.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Domesticación.

A orixe da domesticación animal estabeleceuse arredor do ano -9000 ndurante a revolución neolítica.[4] Comezáronse a empregar os animais con propósitos alimenticios, pero tempo despois descubriuse que podían ser utilizados como ferramentas de caza ou compañeiros de caza, adoptando un valor máis produtivo como tales ca como alimento. Os animais foron constantemente relacionados coa identidade das diferentes clases sociais na historia, xa que a capacidade económica permitía posuír cobizadas e exóticas especies de animais e plantas.[5]

A orixe da domesticación de animais é inexacta, mais cóidase que comezou cando o ser humano se decatou de que precisaba estabelecer ligazóns entre el e a natureza para a súa supervivencia e desenvolvemento. Crese que os cans, unha das primeiras especies animais domesticadas, foron criados como animais de compaña hai uns 10 000 anos. Arredor do ano -3 500 comezou a domesticación de gatos en Exipto.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para compaña.
  2. Pet Planet Health (ed.). "Guardianship Movement". Consultado o 10 de febreiro de 2015. 
  3. 10 Most Popular Pets Artigo de Ariion Kathleen Brindley en Writers Free Reference
  4. "Pez Payaso: Un pez que ya conoces en la película Nemo" (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  5. Alan M. Beck, Aaron Honori Katcher (1996). Between pets and people: the importance of animal companionship (en inglés) (2ª ed.). Purdue University Press. ISBN 1-55753-077-7. 
  6. History of Pets Artigo en the Pet Wiki

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • David Grimm (2015). Citizen Canine: Our Evolving Relationship with Cats and Dogs. PublicAffairs. ISBN 978-1610395502.