Saltar ao contido

Simbiose

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Simbiose
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
 Aspecto de
 Oposto a
Códigos e identificadores
Freebase/m/09wd2 Editar o valor en Wikidata
MeSHD013559 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC43144210 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 186350 BNE: XX526947
Wikidata C:Commons

En bioloxía e ecoloxía, enténdese por simbiose[1][2] unha relación interespecífica entre dous organismos (simbiontes) que se benefician mutuamente nunha relación obrigada. Se un dos simbiontes perece, o outro tamén perecerá ao perder o recurso de que se ve beneficiado.

Un exemplo de simbiose é a que se produce entre a anemone de mar e o caranguexo ermitán. O caranguexo sérvelle de transporte á anemone, e esta protéxeo cos seus tentáculos velenosos.

Tipos de simbiose

[editar | editar a fonte]

Ectosimbiose

[editar | editar a fonte]

Na ectosimbiose, o simbionte vive na parte exterior do organismo anfitrión, ou mesmo no interior, na superficie do percorrido dixestivo ou o conduto das glándulas exócrinas.

Endosimbiose

[editar | editar a fonte]

Na endosimbiose, o simbionte vive no espazo intracelular do anfitrión.

A bióloga Lynn Margulis, famosa polo seu traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal resultado forzado pola evolución. Considera que as ideas de Darwin sobre a Evolución, baseadas na competencia, están incompletas, e reivindica que a Evolución está fortemente baseada na cooperación, interacción e dependencia mutua entre organismos. Segundo escribiu en Margulis, L., and Sagan, D., "A vida non se fixo co planeta por combater, senón por traballar unidos".

O lique é un exemplo de asociación simbiótica : unha alga unicelular ou unha cianobacteria, e un fungo
  1. González González, Manuel. Dicionario da Real Academia Galega. Real Academia Galega.
  2. "simbiose". TERGAL. Consultado o 05/07/2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]