Taxidermia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manequín de elefante.
Pel de elefante africano curtida.
Elefante naturalizado.
Puma atacando cervo mula.
Voitre orelludo.
Animais disecados no Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela (Galicia)
Animais disecados no Museo de Historia Natural de Santiago de Compostela (Galicia)

A taxidermia (do grego "arranxo ou colocación da pel no seu sitio") é a arte de preparar animais mortos para os conservar con aparencia de vivos e facilitar así a súa exposición, estudo e conservación. Aínda que é unha práctica que, comunmente, se leva a cabo con mamíferos, tamén se emprega con outras clases de animais.

Os métodos empregados polos taxidermistas melloraron notablemente durante o pasado século, facendo posible así unha tecnoloxía punta indubidablemente avanzada. Deste xeito, os seus practicantes poden empregarse profesionalmente, por exemplo traballando para museos, ou ben realizar o seu labor a nivel afeccionado, como pode ser o caso de cazadores, pescadores, entusiastas da afección etc. Adoitan posuír coñecementos técnicos en aspectos tan variados como a anatomía, a escultura, a pintura, a disección ou o tratado de peles para poder practicar esta peculiar arte.

É importante, así mesmo, non confundir taxidermia con taxonomía, empregándose este último termo para denominar á ciencia da clasificación (normalmente asociado á bioloxía).

Métodos[editar | editar a fonte]

Taxidermia en mamíferos[editar | editar a fonte]

Procédese de maneira inmediata ao falecemento do animal á retirada da pel. Realízase con axuda dun escalpelo ou un coitelo moi afiado, extraendo a pel dunha peza. Para iso realizamos un corte de garganta a cola e na zona menos visible das patas do animal. Este último corte abarcase da boneca ata que comunique co corte longitudinal ventral que anteriormente realizamos.

Esta pel límpase superficialmente e sálgase ben, estendendo o sal pola cara do pelo e polo coiro. (O fin de salgar a pel é extraer a auga que se atopa retida na pel e formar un medio supersalino que faga imposible a descomposición da pel por parte dos microorganismos) Unha vez seca procederase á rehidratación da pel e procederase ao curtido desta en tres procesos:

  1. Remollo (a pel rehidrátase e limpase)
  2. Piquelado (a pel desnaturalízase, mediante salgado e acidulado, até un determinado pH)
  3. Curtido (a pel curtese e engrasase)

Tras o piquelado a pel límpase totalmente, sendo necesario se é moi grosa, rebaixala mediante coitelos especialmente deseñados ou maquinaria.

O corpo[editar | editar a fonte]

Actualmente utilízanse esculturas do animal realizadas en poliuretano de rigor anatómico, ou noutros materiais menos utilizados, como a escaiola ou a fibra de vidro.

Para realizar o corpo requírese da observación do animal vivo e coñecementos anatómicos amplos ademais das medidas do animal ao cal imos a naturalizar.

Unha vez recuberta coa pel a escultura do corpo, coserase cun fío resistente e entón procederase á parte máis complicada, na cal se lle dá a aparencia de vida: colocación de ollos, pel e boca sintética (se a tivese).

Unha vez terminada a colocación da pel déixase que expulse a humidade do curtido e entón reálzanse as cores que o animal tiña nas zonas sen pelo, dado que o perden, e restáurase algunha posible imperfección.

Táxidermia en aves[editar | editar a fonte]

Similar á dos mamíferos, aínda que hai que ter especial coidado con manter limpas as plumas dos fluídos do propio animal

Outras técnicas[editar | editar a fonte]

Doutra banda, existe unha técnica baseada en conxelar en seco á animal chamada Freeze Dry. Aínda que só é relativamente efectivo levalo a cabo con aves e réptil, é un método algo máis rápido e sinxelo que o tradicional aínda que o resultado non é mellor que a dun bo taxidermista.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]