Saltar ao contido

Era cuaternaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Era cuaternaria
Cenozoico Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Epónimo
 Estudado por
Datas
 Data de comezo
hai 2.580.000 anos (circa) Editar o valor en Wikidata
 Descuberta / invención
1829 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/069cx Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC160464908 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 108339
Wikidata C:Commons

A era cuaternaria ou Cuaternario é unha era xeolóxica que se estende dende o final do Noexeno, é dicir, hai 2,588 ± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos).[1] Coñécese esta era tamén como antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos. O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da era cenozoica.

Climaticamente caracterízase polo arrefriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos.

Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do río Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, glaciación de Mindel, glaciación de Riss e glaciación de Würm.

Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.

Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megalocero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.

Pintura dun bisonte na cova de Altamira, de hai uns 14 000 anos.
  1. Cohen, K.M.; Finney, S.C.; Gibbard, P.L.; Fan, J.-X. "International Chronostratigraphic Chart 2013" (PDF). stratigraphy.org. ICS. Consultado o 15 de xuño de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Táboa de eóns, eras e períodos
Supereón Eón Era Período
Fanerozoico Cenozoico Cuaternario
Neoxeno
Paleóxeno
Mesozoico Cretáceo
Xurásico
Triásico
Paleozoico Permiano
Carbonífero
Devoniano
Siluriano
Ordoviciano
Cambriano
Precámbrico Proterozoico Neoproterozoico Ediacárico
Crioxénico
Tónico
Mesoproterozoico Esténico
Ectásico
Calímico
Paleoproterozoico Estatérico
Orosírico
Riácico
Sidérico
Arcaico Neoarcaico
Mesoarcaico
Paleoarcaico
Eoarcaico
Hadeico

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.